Enrique Veira Catrufo

político galego

Enrique Veira Catrufo, nado na Coruña cara a 1901 e finado na mesma cidade o 6 de maio de 1984, foi un político galego.

Infotaula de personaEnrique Veira Catrufo
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de maio de 1984 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Cuba con 17 anos. Chofer, foi un dos organizadores do Sindicato de Transportes da Habana e foi detido. Participou na fundación do Partido Comunista Cubano. Foi deportado a España en 1936. Formou parte do primeiro Comité Regional de Galicia do PCE na clandestinidade dirixido por Alberto Puente García a finais de 1938. Detido xunto cos outros membros do comité, pasou seis meses en prisión. Reorganizado o Comité Regional a finais de 1940, pasou a ser o secretario xeral. Foi detido o 18 de agosto de 1942. Xulgado en consello de guerra no verán de 1943 con Alberto Puente, José Camín Río, Mariano Granda Fernández e Marcelino Eirín Mayo, foron condenados a morte. Conmutáronlle a pena e estivo 20 anos no penal de Burgos.[1] Cando saíu pasou a Francia e despois a Hungría. Foi un dos promotores da Asociación de Ex-Presos Políticos e Persoas Afectadas por Actividades Político-Sociais constituída na Coruña en marzo de 1977.[2] Finou na Coruña o 6 de maio de 1984.[3]

Notas editar

  1. España Republicana, 16-4-1961, p. 8.
  2. La Voz de Galicia, 7-3-1977, p. 22.
  3. La Voz de Galicia, 9-5-1984, p. 50.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar