Eneko Bóveda
Eneko Bóveda Altube, nado en Bilbao o 14 de decembro de 1988, é un exfutbolista español que xogaba de defensa. Formouse na canteira do Athletic Club, co que debutou na Primeira División en 2009. Entre 2011 e 2015 militou no Eibar, co que logrou ascender dende a Segunda División B ata a Primeira. A continuación regresou ao Athletic, no que xogou ata 2018, antes de recalar durante tres campañas e media no Deportivo da Coruña, co que caeu dende Primeira á Segunda B. Pechou a súa carreira no 2022, despois dunha última tempada no Olympiakos Nicosia de Chipre.
Eneko Bóveda | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Eneko Bóveda Altube | ||
Nacemento | 14 de decembro de 1988 (35 anos) | ||
Lugar de nacemento | Bilbao | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
1999–2000 | Ikastola Maiztegi | ||
2000–2006 | Athletic Club | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2006–2008 | Basconia | 44 | (0) |
2008–2011 | Bilbao Athletic | 59 | (0) |
2009–2011 | Athletic Club | 3 | (0) |
2011–2015 | Eibar | 113 | (5) |
2015–2018 | Athletic Club | 48 | (0) |
2018–2021 | Deportivo da Coruña | 76 | (2) |
2021–2022 | Olympiakos Nicosia | 24 | (0) |
Selección nacional | |||
2014–2016 | Euskadi | 3 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Athletic de Bilbao (2000-2011) editar
Criado en Durango, uniuse á canteira do Athletic Club no ano 2000, procedente da Ikastola Maiztegui de Iurreta.[1] En 2006 ascendeu ao segundo filial do club bilbaíno, o CD Basconia e, en 2008, ao Bilbao Athletic. Debutou co primeiro equipo do Athletic o 26 de abril de 2009 contra o Racing de Santander, ao entrar en substitución de David López.[2] Xogou dous partidos de Liga máis antes de fracturar o quinto metatarsiano do pé esquerdo, en novembro de 2009.[3] Tras o seu regreso permaneceu na disciplina do Bilbao Athletic sen ter ningunha participación máis co primeiro equipo.
SD Eibar (2011-2015) editar
No verán de 2011 fichou pola SD Eibar que militaba en Segunda División B.[4] Tivo un papel protagonista na tempada 2012-13, tanto en liga como no play-off de ascenso. O 13 de abril de 2014 marcou o seu primeiro gol en Segunda División, na derrota (1-2 ) contra o CD Tenerife.[5] Nese mesmo partido, e despois de ter xogado 18 partidos, lesionouse de gravidade no xeonllo dereito.[6] Finalmente, a SD Eibar logrou o ascenso a Primeira División. O 25 de agosto de 2014 volveu xogar en Primeira División, na primeira xornada de liga ante a Real Sociedad, nunha histórica vitoria por 1-0.[7] Exactamente dous meses despois anotou o seu primeiro gol na competición, cun golpeo desde 25 metros que entrou polaa escuadra, e que serviu para darlle un punto ao Eibar ante o Granada.[8] Finalizou a temporada tras disputar 35 partidos de Liga, todos eles como titular. En catro temporadas no club eibarrés pasou de xogar en Segunda División B a Primeira División.
2ª etapa no Athletic (2015-2018) editar
En xuño, tras finalizar contrato co club armeiro, regresou ao Athletic Club para substituír a Andoni Iraola.[9] Comezou a súa nova etapa no club branco e vermello gañando a Supercopa de España de 2015, na que o Athletic se impuxo ao Barcelona por 5-1. Na súa primeira tempada alternou as posicións de lateral dereito e central, tras a lesión do seu compañeiro Aymeric Laporte. Disputou 37 partidos (23 de Liga, 9 de Europa League, 3 de Copa e 2 de Supercopa). Na súa segunda tempada participou en 19 partidos de Liga, 3 de Copa e 1 de Europa League, a maioría deles na primeira volta pola lesión de Óscar de Marcos. Na terceira campaña non puido aproveitar a baixa por lesión de De Marcos, quedando relegado ao banco en favor de Iñigo Lekue.[10]
Deportivo da Coruña (2018-2021) editar
O 22 de xaneiro de 2018 o Athletic Club anunciou o acordo co xogador para rescindir o contrato entre ambas partes. Á súa vez o Deportivo da Coruña anunciou a súa fichaxe cun contrato até xuño de 2020.[11] O 27 de xaneiro debutou en Riazor, como xogador branquiazul, no empate a dous ante o Levante ao saír en substitución do lesionado Sidnei. O 9 de marzo, nun partido ante o Girona, sufriu unha grave lesión muscular no tríceps da súa perna esquerda, despois de ter sido titular nas últimas sete xornadas tanto de central como de lateral dereito.[12] Non volveu xogar no que restaba de tempada e viu dende fóra como o seu equipo descendía á Segunda División.
Disputou un total de 24 partidos na tempada 2018/19, na que o equipo non conseguiu o ascenso, tras ser derrotado polo Mallorca nos play-offs.[13] Na tempada 2019/20 disputou 31 partidos, acabando o club por descender á Segunda División B por segunda vez na súa historia.
Bóveda foi un dos poucos xogadores que permaneceron no equipo tralo descenso deste á 2ª B. O 18 de outubro de 2020, na primeira xornada da categoría de bronce, marcou de cabeza o tanto do triunfo fronte ao Salamanca CF (2-1) no minuto 97.[14] Disputou 17 dos 24 encontros de liga, todos eles como titular. O 5 de xullo de 2021, anunciouse a marcha de Bóveda do conxunto branquiazul tras tres tempadas e media.[15]
Olympiakos Nicosia (2021-2022) editar
A finais de xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Olympiakos Nicosia da Primeira División de Chipre.[16] Xogou case todos os partidos da liga chipriota, a maioría como titular e disputou co equipo a promoción de permanencia, logrando manter a categoría. Ao remate da campaña anunciou a súa retirada do fútbol, aos 34 anos de idade.[17]
Palmarés editar
- Eibar
- Segunda División (1): 2013/14.
- Athletic Club
- Supercopa de España (1): 2015.
Notas editar
- ↑ "«Queremos ganar la Europa League»" (en castelán). 16 de febreiro de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Inteligencia y superación". Mundo Deportivo (en castelán). 28 de abril de 2009. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Eneko Bóveda será operado del pie izquierdo" (en castelán). 19 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2021. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Bóveda: "No fui baja, me voy del Athletic para progresar"" (en castelán). 17 de xullo de 2011. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "El Tenerife asalta Ipurua y sueña con hacer algo grande". Marca (en castelán). 13 de abril de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Bóveda, baja en el Eibar durante seis semanas" (en castelán). 16 de abril de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Eibar 1 – 0 Real Sociedad: Javi Lara decide con una obra de arte" (en castelán). 24 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ La Liga (25 de outubro de 2014). Golazo de Bóveda (1-1) en el SD Eibar - Granada CF - HD (Youtube).
- ↑ "Bóveda: "Ahora quiero demostrar un nivel de equipo europeo"". As (en castelán). 30 de xullo de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Bóveda ultima su salida del Athletic". El Mundo (en castelán). 20 de xaneiro de 2018. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Eneko Bóveda, novo xogador do Deportivo". Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Bóveda se rompe y puede haber dicho adiós a la temporada". As (en castelán). 10 de marzo de 2018. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "El Mallorca saca el rodillo para volver a Primera". Marca (en castelán). 23 de xuño de 2019. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Bóveda rescata a un frouxo Dépor". La Opinión A Coruña. 19 de outubro de 2020. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Eneko Bóveda non continuará no RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 5 de xullo de 2021. Consultado o 6 de xullo de 2021.
- ↑ "Eneko Bóveda ficha por el Olimpiakós Nicosia". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xullo de 2021. Consultado o 27 de agosto de 2021.
- ↑ "El exdeportivista Eneko Bóveda cuelga las botas" (en castelán). 23 de maio de 2022. Consultado o 25 de maio de 2022.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en soccerway.com (en inglés).
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).