Endocardite de Löffler

A endocardite de Loeffler ou Löffler, é un termo médico que define a inflamación do endocardio (endocardite) caracterizada por unha infiltración de eosinófilos que co tempo dá lugar a un engrosamento fibrótico do corazón ou dalgunha das súas zonas. É por iso que se considera unha miocardiopatía restritiva, e un dos xeitos de expresarse a síndrome hipereosinofílica. Ademais, a eosinofilia é quen de causar danos ao tecido cardíaco por mor da acción da proteína básica maior (PBM), radicais superóxidos, hidrolases e eicosanoides aliberados polos eosinófilos[1]. Ás veces, pódese asociar con trombos da parede ventricular. O nome provén do investigador clínico austríaco Wilhelm Löffler[2]. A doenza está causada por un verme parasito (helminto), provocando nun primeiro momento unha parasitose con infiltración eosinofílica. É por iso que, malia a doenza non ten predisposición xeográfica, se tivo descrito con certa frecuencia en climas temperados, onde hai unha maior abundancia de parasitos[3].

Sintomatoloxía editar

Os síntomas que máis adoito acontecen aparecer nesta doenza son a astenia (fatiga), o edema pulmonar e dos membros inferiores, e a dispnea ou dificultade respiratoria. De se producir unha embolia a nivel sistémico pode dar lugar a disfunción renal ou neurolóxica, e pode ser mortal. Os signos máis frecuentes son a cardiomegalia, os sopros cardíacos de insuficiencia mitral e o signo de Kussmaul (patróns respiratorios anormais).

Diagnóstico editar

As probas de laboratoria non son obrigatorias, mais son de grande axuda ao reveralern un incremento dos eosinófilos no sangue. Tamén adoita revelar, por mor da afectación miocárdica, a elevación de enzimas cardíacas como a CPK ou a troponina. O electrocardiograma e o ecocardiograma son probas de utilidade xa que demostran a hipertrofia dos ventrículos, e ademais dan coñecemento do grao de afectación das estruturas cardíacas, e tamén do seu grao funcional. A biopsia de miocardio pode amosar fibrose, e aínda que máis raramente, eosinofilia.

Tratamento editar

O tratamento da endocardite de Löffler ha de ir encamiñado a tratar a causa da doenza, mais tamén ha de tentar tratar as posíbeis complicacións derivadas desta enfermidade, sobre todo a nivel cardíaco. Para reducir a eosinofilia existen tratamentos con corticoides como a prednisona. En casos nos que a corticoterapia non sexa efectiva pódese pautar tamén un tratamento inmunosupresor con interferón alfa. Nos últimos meses tamén se está a empregar imatinib, un inhibidor da enzima tirosin-kinase. A complicación máis frecuente é a insuficiencia cardíaca, polo que no caso de se presentar, habería de tratarse do mesmo xeito que se tratase a outro doente de insuficiencia cardíaca, isto é, con diuréticos, inotrópicos e vasodilatadores[4].

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. NOEMI H., Isabel. Eosinofilia e parasitoses. Rev. chil. pediatr. [online]. set. 1999, vol.70, no.5 [citado 22 setembro de 2007], p.435-440. Dispoñíbel na web: [1]. ISSN 0370-4106.
  2. W. Löffler. Endocarditis parietalis fibroplástica mit Bluteosinophilie. Ein eigenartiges Krankheitsbild. Schweizerische medizinische Wochenschrift, Basel, 1936, 66: 817-820.
  3. Francisco J García Fernández, et al. Fibrosis endomiocárdica tropical o enfermedad de Davies. A propósito de un caso. Rev Esp Cardiol 2001; 54: 235 - 238. [2] Arquivado 01 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. ISSN : 1579-2242.
  4. Loeffler endocarditis: What have we learned? William InterScience, American Journal of Hematology