Coordenadas: 43°28′42″N 6°43′43″O / 43.47833333, -6.72861111

O encoro de Arbón é un encoro español situado na Terra Eo-Navia do Principado de Asturias, sobre o leito do río Navia. Inaugurouse en 1967 e ten unha capacidade de 38,20 hm³ Constitúe o primeiro aproveitamento hidroeléctrico do río Navia, ao situarse a tan só 12 km da súa foz no mar Cantábrico. Logo xa se atopan os encoros de Doiras e Salime, respectivamente. Localízase na parroquia de Arbón, no concello de Villaión, no límite co concello de Coaña. Ademais de por estes dous, as súas augas esténdense tamén polo concello de Boal.

Encoro de Arbón
Localización administrativa
EstadoEspaña
DivisiónAsturias
Localización xeográfica
ContinenteEuropa
CuncaRío Navia
Características
Superficie270 hectáreas
Capacidade38,2 hm³
Outros datos
Comunidade autónomaPrincipado de Asturias
ConcellosBoal, Coaña e Villaión,
Tipo e usopantano artificial
central hidroeléctrica

O seu aproveitamento é fundamentalmente hidroeléctrico, aínda que se destina tamén para usos deportivos e lúdicos.

Os ríos Cabornel e Riofrío desmbocan no encoro de Arbón.

Central hidroeléctrica de Arbón editar

A central de Arbón é unha central hidroeléctrica situada nas proximidades do encoro de Arbón. O seu proxecto é obra do arquitecto Ignacio Álvarez Castelao e do enxeñeiro Juan José Elorza[1]. Conta con dous grupos xeradores, Arbón I e Arbón II, que entraron en funcionamento comercial en 1967 e 1968 respectivamente, con 28 MW cada un. Pertenceu á empresa Viesgo ata a súa compra por Repsol en 2018 [2], e evacua a súa enerxía a través dunha rede de 132 kV .

Notas editar

  1. Tielve García, Natalia. "Central Hidroeléctrica de Arbón". patrimoniuindustrial.com. 
  2. "Repsol, segunda mayor eléctrica en Asturias tras culminar la compra de activos a Viesgo". La Nueva España. 3 de novembro de 2018.