Enclave de Treviño

O enclave de Treviño é un territorio burgalés rodeado por terras da provincia vasca de Áraba, no norte de España. Sitúase na Comarca do Ebro da provincia de Burgos en Castela e León. Forma parte do partido xudicial de Miranda de Ebro.

Modelo:Xeografía políticaEnclave de Treviño
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°42′N 2°42′O / 42.7, -2.7Coordenadas: 42°42′N 2°42′O / 42.7, -2.7
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León Editar o valor em Wikidata
Exclave deCastela e León Editar o valor em Wikidata
Enclave enÁraba Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie279,58 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude552 m Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

O enclave está formado por dous municipios, Condado de Treviño, con 260,71 km² e cunha poboación de 1.432 habitantes (INE 2009), e La Puebla de Arganzón, con 18,87 km² e 529 habitantes. En total o enclave abarca 279,58 km² e ten unha poboación de 1.961 habitantes.