Emilio Alonso Paz
Emilio Deogracias Alonso Paz, nado en Cartimil (Silleda) en 1878 e finado en Monte Porreiro (Pontevedra) o 16 de marzo de 1937, foi un político galego, alcalde de Silleda nos anos da II República Española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1878 Cartimil, España |
Morte | 16 de marzo de 1937 (58/59 anos) Monte Porreiro, España |
Alcaldesa de Silleda | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Curmán de Antón Alonso Ríos, foi militante de Izquierda Republicana. Foi elixido alcalde de Silleda en 1932 e dimitiu en 1934. En 1936 foi reposto como alcalde. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal, pero foi delatado, apresado e entregado ás autoridades franquistas, que o internaron na illa de San Simón. Xulgado en consello de guerra, foi condenado á pena de morte e fusilado en Monte Porreiro en marzo de 1937.
Predecesor: Antonio Pereiro Gil |
Alcalde de Silleda 1932 - 1934 |
Sucesor: Segundo Arceo Díaz |
Predecesor: Antonio Trabazo Lorenzo |
Alcalde de Silleda 1936 |
Sucesor: Manuel García Cerviño |
Homenaxes editar
A finais da década de 1990, a corporación municipal de Silleda decidiu poñerlle o seu nome a unha das rúas do casco urbano de Silleda. No 2007, coincidindo co 70 aniversario do seu fusilamento, a asociación socio-cultural Adellís e a Comisión pola Memoria Siñor Afranio organizaron un acto na súa lembranza na rúa que leva o seu nome[1].
Notas editar
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2010. Consultado o 01 de febreiro de 2012.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Emilio Alonso Paz na páxina web Nomes e Voces.