Emilia Docet

modelo española

Emilia Docet Ríos, nada en Vigo o 9 de xullo de 1915 e finada o 22 de febreiro de 1995, foi unha deportista[1] galega. Obtivo tamén os títulos de Miss Galicia e de Miss España en 1933.

Infotaula de personaEmilia Docet

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1915 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1995 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Modelo e deportista editar

Filla de Francisco Docet, galego, e Emilia Ríos Renjifo, peruana, quen tiveron seis fillos. Estaba emparentada coa familia de Xosé Núñez Búa, fundador do Partido Galeguista. Estudou para perito mercantil en Vigo, e traballou no Laboratorio Miguel Servet. Destacou na natación durante a Segunda República Española como membro do Club Marítimo de Vigo.

 
1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Vicente Risco, Ramiro Isla Couto, Leuter González, Álvaro Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xoán Luís Ramos Colemán e Manuel Peña Rei.

Presentouse a Miss España en 1933,[2] nunha edición que patrocinaba o xornal Ahora. O 14 de febreiro dese ano gañou a final do concurso en Madrid.[3] Meses máis tarde presentouse a Miss Europa, que se celebraba tamén en Madrid, fronte a outras trece modelos europeas, e quedou como dama de honor. O triunfo foi para a rusa Tatiana Maslova. Posteriormente foi modelo das galletas Pitusín[4], da empresa La Peninsular, que se fabricaban en Tui[5].

Acción política editar

Militante do Partido Galeguista na agrupación local de Vigo,[6] o 16 de xuño de 1933 recibiu, canda Manuel Luís Acuña, unha homenaxe do partido no Hotel Miño de Ourense. A esta asistiron, entre outros, Vicente Risco, Ramiro Illa Couto, Leuter González, Álvaro Cunqueiro, Ramón Otero Pedrayo, María Luz Morales, Eduardo Blanco Amor, Xohán Luís Ramos Colemán ou Manuel Peña Rey.[7] Durante a súa actividade política visitou o ministro de Agricultura republicano para que se lles levantase o embargo aos 7.000 labregos avalistas do empréstito estatal concedido para construír o matadoiro porriñés de Marucoga[8]. Tamén foi a única muller que interveu no primeiro mitin das arengas, acto público do Partido Galeguista celebrado o 25 de xullo de 1934 en Santiago de Compostela.

Mulleres galegas, berrade comigo: Viva Galicia Ceibe.

—Emilia Docet. Mitin das Arengas da Quintana. 1934.

Vida persoal editar

En 1940 casou con Francisco Novoa Ortiz, funcionario axudante de obras públicas, que estivo destinado en Lugo, Pontevedra e no porto de Vigo, con quen tivo dous fillos, Juan e Francisco.

Notas editar

  1. Domínguez Almansa, Andrés (2013). "Un esfuerzo contra la exclusión, mujer, modernidad y cultura deportiva (Galicia 1880-1940)". III Ciclo de Conferencias : Xénero, Actividade Física e Deporte, 2011-2012 (en castelán). A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-9749-543-1. OCLC 863513227. 
  2. Mundo Gráfico 22/2/1933, páxinas 12, 13 e 37.
  3. Villares, Ramón (2004). Historia de Galicia, p. 354, Vigo: Editorial Galaxia.
  4. Giráldez, Diego, «Tan Miss España como galleguista», El País, 9/1/2011.
  5. Estévez Piña, Alberto. «Breve historia de la Guerra Civil en Tuy», 21/6/2008
  6. Bugallal, Isabel. «Las otras misses gallegas» Arquivado 12 de setembro de 2011 en Wayback Machine., Faro de Vigo, 21/7/2009.
  7. Valcárcel, Marcos, «Un banquete galeguista», La Región, 14/12/2008.
  8. Miss España 1933: Emilia Docet Arquivado 27 de xuño de 2018 en Wayback Machine., páxina web de Miss España.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar