Emerson Moisés Costa

futbolista brasileiro

Emerson Moisés Costa, nado en Río de Xaneiro o 12 de abril de 1972, é un exfutbolista brasileiro. Xogaba de centrocampista.

Emerson
Información persoal
Nome Emerson Moisés Costa
Nacemento 12 de abril de 1972 (52 anos)
Lugar de nacemento Río de Xaneiro
Altura 1,83 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1990–1992 Flamengo 0 (0)
1992 Coritiba 78 (2)
1992–1994 Belenenses 55 (1)
1994–1996 Porto 60 (9)
1996–1997 Middlesbrough 41 (1)
1998–2000 Tenerife 86 (4)
2000–2002 Deportivo da Coruña 43 (0)
2002–2003 Atlético de Madrid 29 (2)
2003–2004 Rangers 14 (0)
2004–2005 Vasco da Gama 14 (1)
2005 Skoda Xanthi 16 (1)
2006–2007 AEK Atenas 30 (1)
2007 APOEL 13 (0)
2008 Madureira 0 (0)
Total 413 (27)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Emerson comezou a súa andaina xogando en Portugal para o equipo lisboeta de Os Belenenses durante as tempadas 1992-94, militando posteriormente no FC Porto na campaña 1994-96, conseguindo aquí dous títulos de liga. Despois foi traspasado ao Middlesbrough inglés, onde militou a tempada 1997-98, pasando posteriormente ao CD Tenerife, equipo con que descendería á Segunda División. No ano 2000 foi contratado polo Deportivo da Coruña, ao que se incorporou e finalmente entrou nos plans do adestrador Javier Irureta para formar parte do cadro de 27 xogadores inscritos para a Champions League. Durante a súa etapa no Deportivo conseguiría a Supercopa de España. En agosto de 2002 foi transferido ao Atlético de Madrid.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar