Os Emelíctidos (Emmelichthyidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Viven principalmente en augas cálidas a tropicais, no océano Índico, sur do Pacífico, este do Atlántico e no mar Caribe.

Erythrocles schlegelii

Características editar

Ollos grandes e redondos. Boca terminal moi protráctil, sen dentes ou case sen eles. Teñen unha aleta dorsal continua dividida en dúas partes por unha escotadura lixeira ou tan profunda que pode chegar á base; a primeira parte con 11-14 espiñas e a segunda con 9-12 radios brandos. A anal é curta, oposta á segunda metade da dorsal, con 3 espiñas e 9-11 radios brandos. Caudal furcada.

Clasificación editar

Divbídese en tres xéneros e 17 especies:

  • Xénero Emmelichthys (Richardson, 1845)
  • Xénero Erythrocles (Jordan, 1919)
  • Xénero Plagiogeneion (Forbes, 1890)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar