Embraer EMB 120 Brasilia

O Embraer EMB 120 Brasilia é un bimotor de pasaxeiros rexional fabricado pola construtora aeronoutica brasileira Embraer.

Embraer EMB 120 Brasilia
FabricanteEmbraer
Primeiro voo27 de xullo de 1983
Introducidooutubro de 1985
Estadoactivo
Unidades construídas354

Deseño e desenvolvemento editar

Tras o éxito do EMB-110 Bandeirante, Embraer comezou a desenvolver un novo modelo de avión de pasaxeiros en 1974. A entón chamada Familia 12X estaba formada por tres modelos cun coceto de deseño modular: EMB-120 Araguaia, EMB-123-Tapajós e EMB-121 Xingu. O EMB-121 foi o único avión da familia 12X que finalmente se fabricaría. O nome de Araguaia cambiouse polo de Brasilia en 1979 co lanzamento oficial do proxecto, cando se recolleron varias suxestións de posibles operadores na convención da CAAA (Commuter Airline Association of America) que se incorporaron ao deseño do EMB-120. Polo tanto, presentouse un avión completamente novo, que xa non estaba relacionado coa familia 12X. Non seu usaron partes comúns co EMB 121 Xingu, e a súa capacidade pasou de 24 e 30 asentos. Orixinalmente deseñouse para usar o novo motor Pratt & Whitney Canada PW115, pero posteriormente usouse o mellorado PW118.

O Brasilia chamou a atención de varias aeroliñas rexionais, principalmente dos Estados Unidos, ao ser un probable substituto para os DC-3 cun 150% máis de velocidade. O seu tamaño, velocidade e teito de servizo permitían voos máis rápidos e directos nos Estados Unidos e Europaen comparación a avións semellantes. O primeiro exemplar entrou en servizo con Atlantic Southeast Airlines en outubro de 1985. O EMB-120RT básico foi mellorado dado como resultado o EMB-120ER, cun maior alcance (1.575 km).