O Emblema Hacker é un deseño proposto en outubro do 2003 por Eric S. Raymond, alegando a necesidade dunha unificación e un símbolo recoñecible para a percepción da cultura hacker. Isto non se refire á acción de infrinxir ou irromper sen permiso nos ordenadores, acción realizada polos chamados crackers.

O Emblema Hacker.

Características editar

Eric S. Raymond dixo que un non pretende ser un hacker só para mostrar este emblema, mais suxire que "o uso de este emblema, expresa a solidariedade cos obxectivos e valores hacker, e a forma de vivir dun hacker".[1]

A imaxe en si mesma é unha representación dun planeador (Glider), unha formación no Xogo da vida de John Conwar que viaxa en tódolos ámbitos. Foi descuberta por primeira vez por Richard K. Guy. É a máis pequena nave espacial, e desprázase en forma diagonal a unha velocidade de c/4. O planeador é frecuentemente producido a partir de xeracións preconfiguradas aleatorias.

Os planeadores son importantes para o Xogo da vida porque son producidos con facilidade, poden ser colisionados entre si para formar obxectos máis complexos, e pode utilizarse para transmitir información a longa distancia.

Eric S. Raymond propuxo ó planeador como un emblema para representar ós hackers porque:

Outras representacións editar

Outras formas para mostrar a imaxe evolucionaron, sobre todo a base da arte ASCII. Os exemplos inclúen:

.o.      |_|0|_|     [ ][*][ ]    [ ][0][ ]      0 1 0   0 I 0   
..o      |_|_|0|     [ ][ ][*]    [ ][ ][0]      0 0 1   0 0 I 
ooo      |0|0|0|     [*][*][*]    [0][0][0]      1 1 1   I I I

Representación mínima en ASCII editar

O 12 de febreiro do 2008, a representación mínima en ASCII foi incorporada na lista de representacións canónicas de Raymond:[2]

 .
..:

'

Notas editar

  1. Páxina do Emblema hacker, de Eric S. Raymond
  2. "Eric S. Raymond, Peter Danenberg, Emblema hacker, 2008-02-12". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2008. Consultado o 08 de decembro de 2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar