Un embarcadoiro[1] é unha pasarela na costa ou nun río, suportada por longas estacas ou piares, preparada para embarcar ou desembarcar xente e mercadorías. A estrutura máis lixeira dun molle permite que mareas e correntes flúan case sen oposición, mentres que as estruturas máis sólidas ou con estacas dun desembarcadoiro poden actuar como un quebraondas e son máis susceptibles ó limo.

Embarcadoiro sinxelo no lago Mapourika en Nova Zelandia.

Embarcadoiros ó redor do mundo editar

Inglaterra editar

O primeiro rexistro dun embarcadoiro en Inglaterra foi o Ryde, aberto en 1814 na Illa de Wight, servía de atracadoiro para balsas que chegaban na illa e é utilizado até hoxe.

Holanda editar

Scheveningen, na cidade costeira da Haia, posúe o maior embarcadoiro de Holanda, construído en 1961 en substitución a un anterior de 1901 que foi destruído durante a segunda guerra mundial. Un guindastre construído no máis alto da torre panorámica permite saltos de bungee jump.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para embarcadoiro.