Elena Jane Goulding, nada en Herefordshire o 30 de decembro de 1986, é unha cantante, compositora e multiinstrumentista inglesa, máis coñecida como Ellie Goulding. Saltou á fama en 2009 logo de gañar a enquisa «Sound of 2010» realizada pola BBC. Ademais por recibir o premio á elección dos críticos nos premios Brit.1

Ellie Goulding
Ellie Goulding actuando en directo en Los Angeles no ano 2016
Nome completoElena Jane Goulding
AliasEllie Goulding
Data nacemento30 de decembro de 1986 (37 anos), en Herefordshire, Reino Unido
Nado enHerefordshire Reino Unido
CónxuxeCaspar Jopling
OcupaciónCantante e compositora.
XéneroIndie pop, Pop, Dance, Indie Rock, Folk, Indie Folk e Electropop.
Instrumento(s)Voz, guitarra, mandolina, teclado, percusión, baixo e batería.
Tipo de vozSoprano
Selo(s) discográfico(s)Neon Gold, Polydor, Cherrytree e Interscope.
Tempo en activoDende 2009
Na rede
elliegoulding.com
IMDB: nm3716110 Allocine: 784827 Rottentomatoes: celebrity/ellie_goulding Metacritic: person/ellie-goulding TV.com: people/ellie-goulding
Facebook: elliegoulding Twitter: elliegoulding Instagram: elliegoulding MySpace: elliegoulding Youtube: UCt-am4x4ZyeohfgM85qFgdQ TikTok: elliegoulding Souncloud: elliegoulding Spotify: 0X2BH1fck6amBIoJhDVmmJ iTunes: 338264227 Last fm: Ellie Goulding Musicbrainz: 33ca19f4-18c8-4411-98df-ac23890ce9f5 Songkick: 2332047 Discogs: 1626845 Allmusic: mn0001596642 Deezer: 311820 Genius: Ellie-goulding Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Dende moi xove, Ellie mostrou grande interese pola música. Aprendeu a tocar o clarinete e a guitarra antes dos quince anos, ademais de graduarse na Universidade de Kent en teatro. Sen moito éxito, comezou a promocionarse no seu país natal co lanzamento do seu primeiro EP chamado An Introduction to Ellie Goulding e o seu primeiro sinxelo «Under the Sheets». Posteriormente lanzou «Starry Eyed» e o seu primeiro álbum de estudio Lights. Ámbolos dous situáronse nas cinco primeiras posicións do UK Singles Chart e UK Albums Chart. Concretamente, Lights debutou como número un. Os dous sinxelos que seguiron, «Guns and Horses» e «The Writer», non puideron lograr os dez primeiros postos no Reino Unido. Tras a súa participación no iTunes Festival de 2010, publicou un EP coas cancións en vivo que interpretou e ademais «Run Into the Light». Dado o pouco tempo que tivo para traballar no seu disco, Ellie comezou unha reedición de Lights chamada Bright Lights, cunha versión de «Your Song» e un novo tema chamado «Lights» como principais sinxelos. O primeiro destes situouse na segunda posición das listas do Reino Unido, mentres que o segundo a cuadraxésimo novena. A pesar disto, «Lights» converteuse nun éxito en Norteamérica, xa que alcanzou a segunda posición nas listas estadounidenses e a sétima nas do Canadá. Ademais, vendeu máis de tres millóns de copias nos Estados Unidos.

Grazas a todo o éxito obtido no 2010, Ellie recibiu dous nomeamentos ós premios Brit de 2011, aínda que non resultou gañadora en ningún deles. Igualmente gañou un Glamour Award á revelación do ano. Logo, «Anything Could Happen» converteuse no sétimo sinxelo da cantante. Este logrou a quinta posición no Reino Unido e aínda que non acadou unha alta posición nos Estados Unidos, vendeu un millón de copias. Para seguir coa promoción de Halcyon, o seu novo álbum, Ellie lanzou «Figure 8» e «Explosions». O primeiro sinxelo non tivo éxito comercial, salvo en Finlandia e Nova Zelandia, mentres que o segundo contou cunha boa recepción no Reino Unido. Con todo, o álbum debutou como número dous en UK Albums Chart. Logo a cantante recibiu un nomeamento ós Teen Choice Awards, coma artista revelación, pero non conseguiu gañar. Ao igual que co seu primeiro disco, Ellie reeditou e relanzou Halcyon como Hacyon Days. O sinxelo líder, «Burn» logrou unha boa recepción comercial ao redor do mundo. Concretamente, converteuse no primeiro número 1 de Ellie no Reino Unido ademais do seu primeiro top dez en Alemaña e Australia.

Discografía editar

Álbums de estudio
EP

Premios e nomeamentos editar

Ao longo da súa carreira Ellie foi nomeada a gran variedade de premios. A pesar de que a gran maioría das veces non resultou vitoriosa, ten no seu poder un BRIT, o premio máis importante outorgado no Reino Unido. A continuación, unha lista con todas as candidaturas da cantante:

Ano Premio Traballo nomeado Categoría Resultado Ref.
2010
BBC Sound of... Ellie Goulding Son do 2010 Gañadora
Brit Awards Elección dos críticos Gañadora
Q Awards Mellor artista feminina Nomeada [1]
Mellor artista novo Nomeada
BT Digital Music Awards Mellor artista feminina Nomeada [2]
2011
Brit Awards Mellor artista británica Nomeada [3]
Mellor artista novo británico Nomeada
Glamour Magazine Awards Revelación do ano Gañadora [4]
2012
Teen Choice Awards Elección musical: artista revelación Nomeada [5]
2013
MTV Europe Music Awards Mellor artista británico/irlandés Nomeada [6][7]
BBC Radio 1 Teen Awards Mellor artista británico solista Nomeada [8][9]
«Burn» Mellor sinxelo británico Nomeada
2014
Brit Awards Ellie Goulding Mellor artista británica Pendente [10]
«Burn» Mellor sinxelo británico Pendente

Notas editar

  1. "Q Awards winners 2010". Metro (en inglés). 25 de outubro de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  2. "BT Digital Music Awards winners". Music Week (en inglés). 1 de outubro de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  3. "Brit Awards 2011: Winners". BBC (en inglés). 15 de febreiro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2013. 
  4. "Full list of GLAMOUR 2011 Awards Winners". Glamour (en inglés). 7 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  5. "Teen Choice Awards 2012: Complete Winners List". MTV (en inglés). 22 de xullo de 2013. Consultado o 27 de agosto de 2013. 
  6. "Conoce los nominados a los MTV EMA 2013". Caracol. 17 de setembro de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2013. 
  7. "YOUR LOCAL EMA WINNER IS… ONE DIRECTION". MTV (en inglés). 25 de outubro de 2013. Consultado o 25 de outubro de 2013. 
  8. "Nominations announced for Radio 1’s Teen Awards 2013". BBC (en inglés). 15 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  9. "Double award for One Direction". Express & Star (en inglés). 3 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 3 de novembro de 2013. 
  10. Daniel Lane (9 de xaneiro de 2014). "The BRIT Awards 2014: The nominations revealed in full!". The Official UK Charts Company (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2014.