Ellen DeGeneres

actriz e unha cómica estadounidense

Ellen Lee DeGeneres, nada o 26 de xaneiro de 1958, é unha actriz e unha cómica estadounidense que presenta o show The Ellen DeGeneres Show.

Infotaula de personaEllen DeGeneres

(2011) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Ellen Lee DeGeneres Editar o valor em Wikidata
26 de xaneiro de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Metairie, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova Orleáns (1976–1973)
Atlanta (1973–1976)
Beverly Hills Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónAtlanta High School (en) Traducir
Bishop Manogue High School (en) Traducir
Grace King High School (en) Traducir
University of New Orleans (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura171 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIndustria do entretemento, filme e humorous prose literature (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , actriz de televisión , humorista , escritora , actriz de cinema , actriz de dobraxe , produtora de televisión , presentadora de televisión , talk show host (en) Traducir , presentadora , guionista , activista LGBT Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorMerry-Go-Round (en) Traducir
American Express (pt) Traducir
Pixar
CoverGirl (pt) Traducir
American Broadcasting Company
J. C. Penney (en) Traducir
T.G.I. Friday's (pt) Traducir
FOX + Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoÓpera, sátira, Humor negro, Anti-humor (pt) Traducir e deadpan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado330 M$ (2016) Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoEleveneleven Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxePortia de Rossi (pt) Traducir (2008–) Editar o valor em Wikidata
ParellaAlexandra Hedison (2001–2004)
Anne Heche (1997–2000) Editar o valor em Wikidata
PaisElliott Everett DeGeneres Jr. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Betty DeGeneres Editar o valor em Wikidata
IrmánsVance DeGeneres Editar o valor em Wikidata
ParentesThomas Fairfax (en) Traducir (15th great-grandparent (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
16 de agosto de 2008matrimonio
1997saír do armario Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Páxina webellentube.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0001122 Allocine: 4065 Rottentomatoes: celebrity/ellen_degeneres Allmovie: p17737 TCM: 47580 Metacritic: person/ellen-degeneres TV.com: people/ellen-degeneres
Twitter: ellendegeneres Instagram: ellendegeneres Snapchat: ellen TikTok: ellendegeneres Souncloud: ellen-degeneres-official Last fm: Ellen+DeGeneres Musicbrainz: 9ae04332-ea92-4835-857e-4f1aed614282 Songkick: 526647 Discogs: 431766 Allmusic: mn0000182179 WikiTree: DeGeneres-1 Genius: Ellen-degeneres Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ellen Degeneres naceu no hospital Ochsner en Metairie, Luisiana, sendo filla de Ellios (asegurador) e Betty (axente inmobiliaria). Ten ascendencia francesa, inglesa, alemá e irlandesa.

Igual que o seu irmán Vance, Ellen foi bautizada seguindo o ritual da Igrexa de Cristo, Científico, pero con trece anos, cando os seus pais se divorciaros decide abandonar tal culto. Tras a separación dos pais, abandona Nova Orleáns e marcha a Atlanta, en Xeorxia, onde viviu coa nai: foi en Atlanta, na Atlanta High School, onde se diplomou no ano 1976. Pouco despois volvería a Nova Orleáns e frecuentou a Universidade de Nova Orleáns, onde se licenciou en ciencias da comunicación.

Vida persoal editar

 
Anne Heche e Ellen

A carreira de DeGeneres estivo a piques de naufragar tras saír do armario, debido á repercusión que tivo este feito, que lle custaría varios anos restablecerse exitosamente como presentadora. Algo parecido pasou coa súa parella daquel momento Anne Heche, que de súpeto deixou de recibir propostas de traballo como actriz. A súa relación converteuse rapidamente en obxectivo da prensa sensacionalista. Ellen declarou publicamente o seu lesbianismo no programa de Oprah Winfrey e na portada da revista Time. Tras varios anos na primeira liña de interese das cámaras e xornalistas, Heche rompeu a relación con DeGeneres e casaría máis tarde con Coley Laffon, un operador de cámara.

DeGeneres vive actualmente coa súa parella, a actriz Portia de Rossi (que participou nas series Arrested Development ou Ally McBeal), na cidade de Santa Bárbara (California).

Carreira editar

Ellen DeGeneres comezou facendo monólogos en pequenos clubs ao longo de todos os Estados Unidos. A partir do éxito destes tours comezou a participar nalgúns shows televisivos. Tamén participou nalgunha sitcom da época como Open House (1989-1990) e Laurie Hill (1992). Acadou a fama nacional e internacional coa serie Ellen (1994-1998). Posteriormente faría Ellen's Energy Adventure (1996) e a sitcom The Ellen Show (2001-2002). Nos último anos vén presentando The Ellen Degeneres Show (2003-).

Presentadora dos Oscar editar

Foi presentadora da 79ª edición dos Oscar celebrada en 2007. Durante a cerimonia dixo: "Que noite tan marabillosa, canta diversidade na sala, nun ano no que tantas cousas negativas se dixeron sobre a raza, relixión ou orientación sexual da xente. E quero sinalar isto: se non houberen negros, xudeus e gays, non habería Oscars, ou ninguén chamado Oscar" (en inglés "What a wonderful night, such diversity in the room, in a year when there's been so many negative things said about people's race, religion and sexual orientation. And I want to put this out there: if there weren't Blacks, Jews and gays, there would be no Oscars, or anyone named Oscar, when you think about that.").

Traballos editar

Televisión editar

  • Women of the Night (1988)
  • Open House (1989-1990)
  • Laurie Hill (1992-1993)
  • Ellen (1994-1998)
  • Ellen DeGeneres: The Beginning (2000)
  • On the Edge (2001)
  • The Ellen Show (2001-2002)
  • Ellen DeGeneres: Here and Now (2003)
  • The Ellen DeGeneres Show (2003-presente)

Filmografía editar

  • Arduous Moon (1990) (curtametraxe)
  • Wisecracks (1991) (documental)
  • Coneheads (1993)
  • Trevor (1994) (curtametraxe)
  • Universe’s Energy: Ellen's Energy Adventure (1996) (curtametraxe)
  • Mr. Wrong (1996)
  • Goodbye Lover (1998)
  • Dr. Dolittle (1998) (voz)
  • EdTV (1999)
  • The Love Letter (1999)
  • If These Walls Could Talk 2 (2000)
  • Pauly Shore Is Dead (2003)
  • Finding Nemo (2003) (voz)
  • My Short Film (2004) (curta)

Dobraxe editar

Degeneres puxo voz á personaxe Dory, un peixe con problemas de memoria no famoso filme Finding Nemo (2003) de Pixar.

Libros editar

  • My Point...And I Do Have One (1995)
  • The Funny Thing Is... (2003)

Discografía editar

  • Ellen DeGeneres: Taste This
  • The Ellen DeGeneres Show: DVDlicious

Homenaxes editar

  • ICONS: The Lesbian and Gay History of the World, Vol. 1 – A estrela do Comedy Central Jade Esteban Estrada interpreta DeGeneres na famosa comedia de 2002.