Ellen Auerbach

fotógrafa alemá

Ellen Auerbach, nada en Karlsruhe en 1906 e finada en Nova York en 2004, foi unha fotógrafa alemá, considerada unha das figuras máis destacadas da fotografía de vangarda.

Infotaula de personaEllen Auerbach
Biografía
Nacemento20 de maio de 1906 Editar o valor em Wikidata
Karlsruhe, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xullo de 2004 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónState Academy of Fine Arts Stuttgart (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfotógrafa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalGrete Stern (pt) Traducir: Ringl + Pit (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A traxectoria de Ellen Auerbach comeza no Berlín de entreguerras, estudando co fotógrafo Walter Peterhans (1897-1960) que posteriormente dirixiría o taller de fotografía de Bauhaus. Con Grete Stern funda en 1929 o seu propio estudio fotográfico chamado ringl + pit. Os traballos desta época enmárcanse dentro da tendencia das Neue Sehen(A nova visión) e axiña chamaron a atención da crítica.

Este labor viuse truncado coa chegada do nazismo ó poder: o 30 de xaneiro de 1933 Adolf Hitler acada a chancelería de Alemaña e pouco despois as dúas fotógrafas abandonan o país. Por conseguinte as súas traxectorias profesionais separáronse, mais conservaron a súa amizade ata a morte de Grete Stern en Buenos Aires no 1999.

Ellen Auerbach trasládase primeiro a Palestina, logo a Londres e finalmente ós Estados Unidos. Establecéndose definitivamente neste país no 1937, ata a súa morte o 30 de xullo do 2004.

Obra editar

Tras abandonar Alemaña, Ellen Auerbach desenvolveu un estilo individual e propio. En vez de "construír" os escenarios para fotografar, pasou a capturar instantes da realidade cotiá, moitas veces unha realidade aparentemente cuberta pola vulgaridade. Xogando coa composición, luz ou encadramento, estas instantáneas da realidade son capaces de espertar a sensibilidade do espectador, descubríndolle aspectos ocultos. Ela mesmo describía este desexo: Gustaríame que no tema máis insignificante, máis corrente, e máis pobre vos evidenciara a dignidade e a esperanza que agocha[1].

Notas editar

  1. Ellen Auerbach, A Ollada Intuitiva. Por Mercedes Valvidieso. Exposición realizada no Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela. Do 9 de setembro ó 5 de outubro de 2003. Patrocinadores: Fundación La Caixa, Universidade de Santiago de Compostela e Concello de Santiago.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar