Elisaveta Bikova

xadrecista soviética

Elisaveta Ivanovna Bikova (en ruso: Елизаве́та Ива́новна Бы́кова), nada o 4 de novembro de 1913 e finada o 8 de marzo de 1989, foi unha xadrecista soviética, dúas veces Campioa Mundial de Xadrez Feminino, de 1953 a 1956 e de 1958 a 1962. Recibiu os títulos de Mestra Internacional Feminina en 1950, Mestre Internacional en 1953 e Gran Mestra Feminina en 1976.[1] En 2013 foi incluída no Salón Mundial da Fama do Xadrez.[2]

Infotaula de personaElisaveta Bikova

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1913 Editar o valor em Wikidata
Bogolyubovo, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de marzo de 1989 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Khovanskoye (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista , escritora de non ficción Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaWoman Master of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1950)
Mestra Internacional Femenina (1950)
Mestre Internacional (1953)
Gran Mestra Feminina (1976) Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 113031790 Editar o valor em Wikidata
Bikova nun selo de Iugoslavia de 2001

Traxectoria editar

Bikova naceu no seo dunha familia campesiña. Con doce anos mudáronse a Moscova, onde empezou a xogar ao xadrez co seu irmán. O seu talento fíxose evidente en 1927, cando gañou o campionato de xadrez da súa escola.[3]

En 1938 gañou o campionato feminino de Moscova e despois da segunda guerra mundial foi tres veces gañadora do Campionato Soviético Feminino de Xadrez (1946, 1947 e 1950).

En 1952 gañou o torneo feminino de Candidatos en Moscova. En 1953 derrotou en Leningrado a entón campioa mundial Liudmila Rudenko con sete vitorias, cinco derrotas e dúas táboas. Perdeu o título ante Olga Rubtsova en 1956, mais gañouno de novo dous anos despois, co que se converteu na primeira muller en facelo.

En 1960 defendeu con éxito o título ante Kira Zvorikina (+6 -2 =5), mais en 1962 perdeuno ante a moza Nona Gaprindashvili, de 21 anos (+0 -7 =4).

Traballou de enxeñeira nunha destacada imprenta de Moscova, e foi tamén autora e columnista sobre xadrez na URSS. Apaixonada polo xadrez feminino, Bikova escribiu tres libros sobre Vera Menchik, xadrecistas soviéticas e o Campionato Mundial Feminino. Tamén promoveu o xadrez a través de conferencias e da organización de torneos.[2]

Notas editar

  1. Sunnucks, Anne (1970). The Encyclopaedia of Chess (en inglés). St. Martin's Press. ISBN 9780709146971. 
  2. 2,0 2,1 "Elizaveta (Elizabeth) Bykova". World Chess Hall of Fame. 
  3. "Fifth Bykova Memorial – the glamour tournament of the year". Chessbase (en inglés). 1 de novembro de 2008. 

Ligazóns externas editar