Elijah Muhammad, nado en Sanderville (Xeorxia) o 7 de outubro de 1897 e finado en Chicago (Illinois) o 25 de febreiro de 1975, foi unha figura política e relixiosa estadounidense.

Infotaula de personaElijah Muhammad

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en-us) Elijah Poole Editar o valor em Wikidata
7 de outubro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Sandersville, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 1975 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMount Glenwood Memory Gardens (South) (en) Traducir 41°33′24″N 87°36′57″O / 41.556544, -87.615722 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónNation of Islam (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMuslim minister (en) Traducir , político Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeClara Muhammad (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0611247 Discogs: 1142202 WikiTree: Poole-4063 Find a Grave: 2478 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado co nome de Elijah Poole, mudouse a Detroit en 1923. Alí coñeceu un predicador que se lle revelou como o mesmo Alá, Wallace Fard Muhammad, fundador da organización Nación do Islam. Unha vez dentro desta organización o propio Fard Muhammad nomeouno como sucesor, e á morte deste en 1934 pasou a liderala estabelecendo a súa sede central na cidade de Chicago. Nos primeiros momentos comezou a predicar que Fard Muhammad era en realidade unha reencarnación de Alá, o que provocou a saída de moitos membros discordantes.

A mediados da década de 1960, e grazas en boa parte á implicación de Malcom X na organización, Nación do Islam viviu un gran momento de apoxeo, multiplicando o seu número de membros e estendéndose a numerosos países de África e do Caribe. Despois do asasinato de Malcom X houbo numerosas voces que especulan coa posíbel responsabilidade de Elijah Muhammad, debido á saída deste de Nación do Islam e aos problemas persoais que tiveran. Este feito unido á acusación en 1973 dun membro dunha organización rival de ser o responsábel da morte de sete dos seus militantes fan entrar a Nación do Islam nunha sorte de decadencia. A morte de Elijah Muhammad en 1975 provocou a escisión da organización en dúas tendencias, unha das cales se integrou no islam ortodoxo.

O pensamento ideolóxico-relixioso de Elijah Muhammad estivo sempre próximo a un supremacismo negro bastante próximo ao racismo. Mitos como os de Yakub, propagados por el e os seus seguidores, estabelecen que os brancos son demos ou creacións malditas e inferiores do home negro. Ao mesmo tempo mantivo tratos co Partido Nazi Americano, xa que ambas as organizacións se opuñan á integración racial. Estas ideas están na base da futura saída de Malcom X de Nación do Islam.