Eliezer Setton

compositor brasileiro


Eliezer Otílio Setton, nado en Maceió o 21 de xaneiro de 1957, é un cantante e compositor brasileiro de forró.

Infotaula de personaEliezer Setton
Nome orixinal(pt) Eliezer Otílio Setton
(pt) Eliezer Setton Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1957 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Maceió, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , cantante Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoForró Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Spotify: 6xMLOH2Tzoz1ouoZUbLSv7 Discogs: 1677099 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Salomão Setton Neto, que foi Rei Momo no carnaval de Maceió durante 19 anos consecutivos, e de Terezinha Otílio Setton, Eliezer Setton comezou a compor en 1976 e o ano seguinte participou no seu primeiro festival de música, o que resultou na súa primeira gravación, Desesperança, e a entrada no xa existente Grupo Terra, un fito da cultura alagoana de finais da década de 1970 e o inicio da de 1980.

En 1983, despois de distinguirse no IV Festival Universitario de Música, promovido polo Directorio Central Estudantil da Universidade Federal de Alagoas, conquistando o segundo e terceiro posto como compositor, alén do premio ao mellor intérprete, aventurouse como músico nocturno actuando en Maceió, São Paulo (1984) e Río de Xaneiro (1985-1989), facendo o tradicional voz e violón. De volta a Maceió, en 1989, continuou actuando en festivais, culminando coa participación no Canta Nordeste (transmitido en directo pola Rede Globo para toda a rexión), quedando finalista en 1994 e 1995 coas cancións Serra Pau e Quem dera que sesse, respectivamente.

Compositor ecléctico, é na música nordestina onde máis se distinguiu. Da colaboración con Pedro Sertanejo, pai de Oswaldinho do Acordeon, xurdiu Campo Formoso, gravado por Eliezer nun disco de Pedro Sertanejo, en 1982. Da colaboración con Oswaldinho do Acordeon, naceu, entre outras, Na hora H, canción que Elba Ramalho gravou en 1992 e presentou para o VI Premio SHARP. Elizer converteuse nun dos referentes do forró e numerosos intérpretes gravaron os seus temas.

En 2009, Eliezer amplía o seu abano de xéneros e grava o CD "Brasil - Hinos à Paisana", cun repertorio que atinxe dez dos máis representativos himnos do cancioneiro cívico brasileiro.

En 2011, Eliezer volta ao forró co CD "O Quelso", que presenta unha versión da popular "My way", co título "Bem a meu jeito".

Discografía editar

  • 1996: Cio do Grão
  • 1998: Das Coisas da Minha Terra
  • 2000: Ventos do Nordeste
  • 2003: Oração do Forró
  • 2004: O Carnaval Alagoano de Eliezer Setton
  • 2005: Amores do Meu Forró
  • 2009: Brasil - Hinos à Paisana
  • 2010: Alagoaníssimo
  • 2011: O Quelso

Notas editar

Ligazóns externas editar