Elfrida Andrée, nada en Visby o 19 de febreiro de 1841 e finada en Gotemburgo o 11 de xaneiro de 1929, foi unha directora, compositora e organista sueca,[1] coñecida no seu país tanto pola súa produción musical como por ser unha defensora sen concesións dos dereitos da muller. Pioneira en diversos sentidos, abriu un importante camiño na loita destes dereitos en Suecia.[2]

Infotaula de personaElfrida Andrée

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1841 Editar o valor em Wikidata
Visby parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xaneiro de 1929 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Vasa parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério do Norte (pt) Traducir, Kvarter 12C, gravnummer 264 59°21′15″N 18°01′44″L / 59.3541, 18.0288 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residenciahouse of Cramér (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal College of Music in Stockholm (en) Traducir (–1860) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de orquestra , organista , compositora , activista polos dereitos das mulleres Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera e organ repertoire (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresLudvig Norman (en) Traducir, Gustaf Mankell (en) Traducir, Johan van Boom (en) Traducir e Ebba d'Aubert (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosSara Wennerberg-Reuter (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
InstrumentoÓrgano, arpa e piano Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
PaiAndreas Andrée (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFredrika Stenhammar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
12 de xuño de 1857Q44680982 Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Spotify: 5tCLiIx6qiTYM1zructu6n Musicbrainz: 96542277-0b01-40eb-949c-3ce6606b0169 Discogs: 4109542 IMSLP: Category:Andrée,_Elfrida Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Elfrida Andrée naceu en Visby.[3] Foi a filla máis nova de Andreas Andrée, un médico cun profundo amor pola música. A súa política era liberal e era moi consciente da situación das mulleres en Suecia. A irmá máis vella de Elfrida era Fredrika Andrée (1836 - 1880), tamén coñecida como Fredrika Stenhammar polo seu apelido de casada. Foi unha aclamada cantante de ópera.

Iniciándose na música da man do seu pai, á idade de 14 anos viaxou a Estocolmo para formarse como organista e, dous anos máis tarde, en 1857, converteuse na primeira muller en Suecia en obter un diploma desta especialidade na Kungliga Musikaliska akademien (a Real Academia Sueca de Música). Fíxoo como unha estudante extramuros, xa que as mulleres non eran admitidas como candidatas ao ingreso na academia.

Tras graduarse solicitou, como muller, un permiso especial do goberno para optar a un posto como organista, mais a súa solicitude foi rexeitada polo arcebispo Henrik Reuterdahl, un deputado conservador. Elfrida escribiulle ao seu pai en Visby:

As mozas somos oprimidas en todos os sentidos. Ademais de converterse en costureiras ou mestras, o espectáculo é a única ocupación aberta para nós. Quero traballar e perseguir un obxectivo, mais que se debe facer cando hai un campo tan pequeno no que traballar?[4]

Case ao mesmo tempo, a súa mestra de órgano contratáraa como organista na igrexa de St James, Estocolmo, mais o clero non a deixou tocar, alegando que "ver a unha muller no tallo do órgano [sería] indecoroso e perturbador. Ademais, San Pablo dixo: ' As mulleres deben calar no templo'. ( ICor 14, 34-35).

En 1861, con 20 anos e tras estes incidentes, ela e o seu pai axudaron, a través da correspondencia e as discusións cos deputados, a lograr un cambio na lei que lles permitiu ás mulleres exercer de forma fixa como organistas. Dous anos máis tarde axudou a deseñar outro cambio lexislativo mediante o cal as mulleres podían ser empregadas como operadoras de telégrafos. En 1861 comeza a exercer o seu oficio en Estocolmo.

Ao redor de 1870, influída polo filósofo inglés John Stuart Mill, formulou o seu lema: "a elevación da muller". Durante a súa vida produciuse certamente unha 'época de emancipación' para a muller en Suecia. No seu nacemento en 1841, as mulleres practicamente non tiñan ningún dereito. En 1929, o ano da súa morte, a posición financeira e legal deste colectivo cambiara radicalmente, abríuselles un rango máis amplo de emprego e obtiveran o dereito a voto.

Traxectoria profesional editar

En 1860 comezou os seus estudos de composición con Ludvig Norman. En 1861 obtivo o seu diploma cun amplo currículo e un grande expediente. Aos 24 anos, Elfrida Andrée compuxo un quinteto de piano que a elevou á elite entre os compositores suecos, un estrato que era completamente de homes.

O cargo de organista da catedral de Gotemburgo quedou vacante en 1866, e Andreas Andrée suxeriu que a súa filla que se presentase como candidata. Elfrida viaxou a Gotemburgo para a audición. Había sete candidatos masculinos, e estaba convencida de que non se lle daría o posto. Cando uns días máis tarde, en Estocolmo, Andreas Andrée leu un telegrama de Gotemburgo no que dicía: «Esta noite, Mamsell Andrée, elixido por unanimidade organista da catedral de Gotemburgo!» desmaiose. A súa filla era a primeira muller en ostentar un emprego deste tipo en toda Europa.

Elfrida Andrée ben podería haberse estabelecido en Gotemburgo, tocando na catedral e participando da vida social da cidade, mais tiña ambicións máis elevadas. Os seus primeiro tropezos no mundo de homes da época veu coa interpretación da súa primeira sinfonía, en do maior, en Estocolmo durante o inverno de 1869. Escribiu no seu diario que o traballo se representou no teatro de Hammars e que ela cría que os músicos tocaran "mal á mantenta". Ela e a súa irmá Fredrika marcharon cando comezou o último movemento e os primeiros violíns ían un compás por detrás do resto da orquestra. Elfrida estivo enferma durante tres días despois "deste delirio musical". O crítico Wilhelm Bauck golpeouna por completo, declarando que a composición estaba por baixo da "imperfección". A súa recensión finalizou: "Nótese esta verdade dourada: a orixinalidade desta peza consiste na invención, non de formas anormais, senón de formas horríbeis".

A familia Andrée conmoveuse con estes comentarios, e Andreas pensou que Elfrida debería limitarse a escribir cancións e pequenas obras para piano. Mais ela pensou diferente. Na correspondencia que seguiu escribiu:

''Cantas veces non sentín resentimento cando se escribiu ou dito, e sinceramente, que non se poden mencionar nomes femininos onde se trata dunha composición musical seria. [...] Non serán pequenas cancións as primeiras en ser vistas de min, por cancións, de feito belas cancións, hai moitos dos meus parentes que escriben. A música de cámara funciona [...] agora é o comezo que desexo. Sería máis fácil arrincar unha peza da rocha que arrincarme a miña idea ideal: a elevación da muller!''[4]

O verán seguinte, en 1870, ampliou os seus estudos de composición e instrumentación en Copenhague co compositor danés Niels Gade. Tras ensinarlle moitas das súas composicións, esta frutífera relación motivou moito a Elfrida, que escribía nunha carta ao seu pai: "Quero seguir avanzando, quero ser realmente útil e quero converterme en algo máis do que son!" e a partir de 1871 empezou a súa colaboración coa Orquestra de Gotemburgo, que interpretou moitas das súas composicións sinfónicas ata que, no mes de maio de 1879, a orquestra se disolveu debido a unha crise económica.

En 1880 recibiu o segundo premio de composición como recoñecemento nun concurso celebrado en Bruxelas. Ao redor desta data, Elfrida Andrée xa era unha figura moi coñecida na escena artística sueca, e algunhas das súas mellores composicións datan desta época.

Xunto á súa amiga e dramaturga Selma Lagerlöf escribiu unha ópera chamada Fritiof Saga, en 1898, que non conseguiu gañar un concurso que fixese que esta se estrease na Ópera Real de Estocolmo. Con todo, Andrée extraeu finalmente desta ópera unha suite orquestral moi coñecida dentro da súa produción musical.

Tamén compuxo 3 sinfonías e importantes obras de música de cámara, ademais dun bo número de obras como pezas para piano e órgano, misas corais en sueco, cantatas e diversas cancións. Diversos exemplos son un cuarteto para piano en la menor (1870) e un quinteto para piano en mi menor (publicado en 1865), un trío para piano en sol menor (1887) (e outro publicado postumamente en dó menor), un cuarteto de corda en re menor do ano 1861 e outro en la maior. Pezas para violín (incluíndo diversas sonatas) e para piano.

Nas últimas obras, escritas despois de 1890, o estilo de Elfrida Andrée cambia. A sinfonía de órgano en si menor (1890) tardou moito tempo en xestarse. Unha primeira versión da mesma xa se realizou en 1871, probablemente inspirada nas sonatas de órgano de Felix Mendelssohn. Dez anos despois, en 1882, interpretou unha versión revisada nun concerto no Crystal Palace de Londres. Unha breve viaxe a París no verán de 1882 engadiu reminiscencias da música francesa ao seu repertorio. Os traballos de Guilmant, Widor e Saint-Saëns figuraban regularmente nos seus programas e, baixo a inspiración da música francesa, terminou ao fin a sinfonía de órgano. Hai catro movementos, con esta influencia e atmosfera francesa presentes desde o principio. O segundo movemento lembra o estilo de Mendelssohn, moi influente para Andrée, mentres que o terceiro é suavemente sentimental e o cuarto de grandeza e exaltación gala.

Desde mediados da década de 1920 en diante, Elfrida Andrée retirouse do seu posto na catedral. Foi no órgano onde atopou unha saída para os seus soños artísticos e emancipatorios, e nunca esqueceu o debate parlamentario nos días da súa mocidade. En 1905 consagrouse un novo órgano catedralicio que tiña un soprador eléctrico. Agora podíase prescindir dos tratantes de fols, e Elsa Stenhammar lembra que Andrée a miúdo perdía a noción do tempo e permanecía sentada no órgano até altas horas da noite. Nunha desas ocasións, sendo capaz o órgano de dar renda solta aos seus sentimentos máis íntimos, e despois de que os últimos ecos se apagaron, ela exclamou: 'Pablo, pequeno, aí o levas!' (tradución aproximada do sueco ”Där fick du, lille Paulus!” Burla cara ao apóstolo San Pablo lembrando as limitacións impostas polo clero anos antes).

Á súa morte, en 1929, as súas composicións xa foran en parte esquecidas. Mais desde a década de 1980 volveron a popularizarse no seu país. Os manuscritos das súas obras están conservados en Biblioteca Pública de Estocolmo.

Elfrida Andrée e a "elevación da muller" editar

Elfrida nunca esqueceu a loita pola súa profesión. 'A elevación da muller' seguiu sendo a súa consigna até o día da súa morte, aínda que non todas as mulleres compartiron esta opinión.[4]

En Londres, en 1882, coñeceu a soprano Jenny Lind (1820-1887), que entre outras cousas consideraba que as mulleres eran incapaces de tratar cunha orquestra. Elfrida Andrée apresurouse a mostrar a súa sinfonía ao marido de Jenny, o director Otto Goldschmidt. Mentres o estaba facendo, Jenny, de pé xunto a el, rumoreou: "É posíbel que sexa correcto para todos os instrumentos?" "Si, certamente, certamente", respondeulle. A pianista e compositora norueguesa Agathe Backe Grøndahl tamén se mostrou pouco entusiasta con respecto á escritura orquestral e declarou nunha carta a Elfrida que esta actividade non estaba realmente "no meu xénero, creo".

Como educadora e como examinadora de Kungliga Musikaliska akademien en Gotemburgo, Elfrida instruíu e examinou a moitas mulleres organistas ao longo dos anos. Curiosamente, en 1889 Gotemburgo era a única diocese sueca que tiña organistas mulleres, o que tiña que ver co posto de Elfrida Andrée como organista da catedral. A década de 1880 viu unha crecente oposición ás mulleres como músicos e compositores, o que é paradoxal se pensamos que durante esta mesma década ao nome de Elfrida se uniran outras tres compositoras, a saber, Laura Netzel (1839-1927), a quen axudou a empezar como compositora na década de 1880, Valborg Aulin (1860-1928), que era moi solitaria, e Helena Munktell (1852-1919). A pesar de que estas mulleres viviron a mesma época, houbo grandes diferenzas entre todas. Aulin e Munktell non escribiron nada para orquestra até aproximadamente 1900, e a produción de música de cámara de Laura Netzel só comezou na década de 1890. Elas tres xurdiron moito despois de que Elfrida producise as súas composicións, e ningunha delas deixou as súas pegadas políticas. Elfrida Andrée foi a gran pioneira.

Notas editar

  1. Baker & Slonimsky 1995, p. 89
  2. "Elfrida Andrée" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2017. 
  3. "Elfrida Andrée". Voiceoflyrics.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2015. Consultado o 8 de decembro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Eva Öhrström (2014). "Elfrida Andrée (1841−1929)" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Eva Öhrström, Elfrida Andrée: ett levnadsöde Estocolmo: Prisma, 1999. ISBN 91-518-3488-X.
  • Baker, Theodore; Slonimsky, Nicolas (1995). Dictionnaire biographique des musiciens, vol. 1, A-G. Colección « Bouquins » (en francés). París: Robert Laffont. ISBN 978-2221065105. 

Ligazóns externas editar