Elena Vladimirovna Filatova (en ruso, Елена Владимировна Филатова, e en ucraíno, Елена Володимирівна Філатова), nada en Pripyat, Kíiv en 1974, é unha fotógrafa, escritora e motociclista ucraína coñecida polas súas viaxes á chamada zona morta de Chernóbil.[1][2][3]

Infotaula de personaElena Filatova

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Елена Владимировна Филатова Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Pripyat (Unión Soviética) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUcraína Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , historiadora , fotógrafa , xornalista Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioKiddOfSpeed
Gamma Girl Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua ucraína Editar o valor em Wikidata

Páxina webelenafilatova.com Editar o valor em Wikidata

Fotografías e viaxes en moto editar

Filatova é coñecida co pseudónimo KiddOfSpeed. Na súa páxina web hai varias fotos realizadas nas súas viaxes a Chernóbil xunto á Central nuclear de Chernóbil, Pripyat e outras localidades deshabitadas logo da catástrofe de 1986.

Entre os seus traballos fotográficos inclúense vivendas, casas do pobo, escolas e un parque de atraccións cunha nora, cuxa apertura estaba prevista para o 1 de maio de 1986 e que na actualidade está oxidada. Sempre que viaxa, faino cunha moto e cun permiso especial que a acredita para entrar na zona de exclusión ela soa.

Con todo, guías turísticos e outros turistas afirman que a viron nunha viaxe organizada.[4] Un dos guías, Yuriy Tatarchuk, lembrou que Filatova realizou a viaxe cunha chaqueta de coiro. Tempo despois creou o sitio web.[5]

Outros traballos editar

Ademais das fotos de Chernóbil, entre os seus proxectos máis recentes está a foto-reportaxe sobre o Muro da Serpe, preto de Kíiv. Na reportaxe, Filatova explora unha zona rodeada por unha antiga muralla con modernas fortificacións construídas durante a segunda guerra mundial; tamén fala sobre a historia da Revolución de Outubro de 1917 e a invasión nazi a Ucraína.

Outras ligazóns da súa web mostran o fotodiario realizado por ela do día da Revolución Laranxa de Ucraína. En marzo de 2007, publicou novas fotos dos arredores da área de Chernóbil que foron tomadas máis recentemente.

Na súa páxina web aparecen outras imaxes sobre gulags construídos durante a era de Iosif Stalin. Nas súas últimas reportaxes falou tamén sobre as protestas durante as eleccións xerais de 2004 no país cando o presidente Yanukovych gañou de xeito irregular fronte a Yushenko.[6]

En 2011, cando se produciu a catástrofe da Central Nuclear de Fukushima, escribiu outra fotorreportaxe sobre o accidente baixo o título Chernobyl Journal (Volume 5).[7]

Notas editar

  1. "Chernobyl...18 Years Later". Slashdot. 6 de marzo de 2004. Consultado o 5 de novembro de 2006. 
  2. "Latest Chernobyl Motorcycle Photos". Slashdot. 26 de marzo de 2004. Consultado o 5 de novembro de 2006. 
  3. "Slashback: Fairness, Radioactivity, Recovery". Slashdot. 20 de maio de 2004. Consultado o 5 de novembro de 2006. 
  4. "Chernobyl motorcycling fake!". Urban Exploration Resource Forum. 30 de abril de 2004. Consultado o 5 de novembro de 2006. 
  5. Chivers, C.J. (15 de xuño de 2005). "Pripyat Journal; New Sight in Chernobyl's Dead Zone: Tourists". The New York Times. 
  6. Stolen Election "The people who cast the votes decide nothing. The people who count the votes decide everything." Arquivado 18 de outubro de 2012 en Wayback Machine., Elenafilatova.com.
  7. Chernobyl journal (volume 5), marzo de 2011.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar