Elena Donaldson-Akhmilovskaia

xadrecista estadounidense de orixe soviética

Elena Donaldson-Akhmilovskaia, nada como Elena Bronislavovna Akhmilovskaia (ruso: Елена Брониславовна Ахмыловская) en Leningrado o 11 de marzo de 1957 e finada en Kirkland (Estados Unidos de América) o 18 de novembro de 2012, foi unha xadrecista estadounidense nada na Unión Soviética. En 1977 a FIDE outorgoulle o título de Gran Mestra Feminina.[1] Ao gañar o Torneo Feminino de Candidatas en 1986, ese ano xogou contra Maia Chiburdanidze en Sofía polo título de Campioa Mundial Feminina, mais perdeu por 8½–5½.

Infotaula de personaElena Donaldson-Akhmilovskaia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1957 Editar o valor em Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte18 de novembro de 2012 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Seattle, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de cerebro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaWoman Master of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1975)
Mestra Internacional Femenina (1977)
Gran Mestra Feminina (1977) Editar o valor em Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.435 (1987)<
Participou en
2002Women's Chess Olympiad 2002 (en) Traducir
1998Women's Chess Olympiad 1998 (en) Traducir
1994Women's Chess Olympiad 1994 (en) Traducir
1992Women's Chess Olympiad 1992 (en) Traducir
1990Women's Chess Olympiad 1990 (en) Traducir
1988Women's Chess Olympiad 1988 (en) Traducir
1986Women's Chess Olympiad 1986 (en) Traducir
1978Women's Chess Olympiad 1978 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJohn Donaldson (1988–1989)
Premios
Akhmilovskaia, Gaprindashvili, e Alexandria na 27º Olimpíada de Xadrez, celebrada en Dubai en 1986.

Traxectoria editar

Donaldson-Akhmilovskaia naceu en Leningrado nunha familia dedicada ao xadrez. En 1969 a familia mudouse a Krasnoiarsk, onde se iniciou no círculo de xadrez do Pazo de Pioneiros local. Viviu en Sochi e posteriormente en Tbilisi de 1979 até 1988. Ese ano fuxiu aos Estados Unidos tras casar con John Donaldson, o capitán do equipo estadounidense, nas Olimpíadas de xadrez de Tesalónica (Grecia), de quen se divorciou posteriormente. Dende 1990 viviu na área de Seattle co seu novo marido, Georgi Orlov, Mestre Internacional, o seu fillo e a súa filla, froito dun matrimonio anterior. Gañou o Campionato Feminino de Xadrez dos Estados Unidos en 1990 e 1994. En 1993 compartiu o premio con Irina Levitina.[2] En 2010 recibiu o título de Instrutora FIDE.[3]

O 18 de novembro de 2012 finou en Kirkland (Washington, Estados Unidos) por causa dun tumor cerebral que lle diagnosticaran nove meses antes.[2]

Notas editar

  1. Di Felice, Gino (21 de novembro de 2017). Chess International Titleholders, 1950-2016 (en inglés). McFarland. ISBN 9781476671321. 
  2. 2,0 2,1 Weber, Bruce (20 de novembro de 2012). "Elena Donaldson, Chess Champion in U.S.S.R. and Then U.S., Dies at 55". The New York Times (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2023. 
  3. "The Chess Games of Elena Donaldson-Akhmilovskaya". chessgames.com (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2023.