Elemento maiorante e minorante

Elemento maiorante e minorante nun conxunto parcialmente ordenado

En matemáticas, particularmente na teoría da orde, un elemento maiorante dun subconxunto M dalgún conxunto preordenado (K, ≤) é un elemento de K que é maior ou igual que todos os elementos de M. [1] Do mesmo modo un elemento minorante de M defínese como un elemento de K que é menor ou igual a todos os elementos de M. Un conxunto cun maiorante (respectivamente, minorante) dise que está limitado superiormente ou maiorizado (respectivamente limitado inferiormente ou minorizado) por ese límite.

Un conxunto M (en azul) con elementos maiorantes (en vermello e verde) e o seu maiorante mínimo ou supremo (só o verde)

Entre tódolos maiorantes do conxunto M que pertencen a K, denominamos supremo de M ao menor de todos estes maiorantes. Se o supremo pertence tamén a M denominase máximo de M. No diagrama de exemplo se o elemento verde pertenecese a M sería máximo, se non pertence daquela é supremo.

Simetricamente para os minorantes distinguimos ínfimo de mínimo.


Exemplos editar

Por exemplo, 4 e 5 son minorantes para o conxunto S = {5, 8, 42, 34, 13934} (como un subconxunto dos enteiros ou dos números reais, etc.). Por outra banda, 6 non é un elemento minorante para S xa que non é menor que todos os elementos de S . 13934 e outros números x tales que x ≥ 13934 sería maiorantes para S .

O conxunto S = {42} ten o número 42 tanto coma maiorante coma minorante.


Cada subconxunto finito non baleiro dun conxunto totalmente ordenado ten elemento maiorantes e elemento minorante.

Límites das funcións editar

As definicións pódense xeneralizar a funcións e mesmo a conxuntos de funcións.

Dada unha función f co dominio D e un conxunto preordenado (K, ≤) como codominio, un elemento y de K é un límite superior de f se yf(x) para cada x en D. O maiorante chámase óptimo se a igualdade cúmprese para polo menos un valor de x.

Do mesmo xeito, unha función g definida no dominio D e que teña o mesmo codominio (K, ≤) é maiorante de f, se g(x) ≥ f(x) para cada x en D. Ademais, dise que a función g é maiorante dun conxunto de funcións, se é maiorante de cada función dese conxunto.

A noción de límite inferior para (conxuntos de) funcións defínese de xeito análogo, substituíndo ≥ por ≤.

Límites estritos editar

Un maiorante dise que é un maiorante mínimo ou límite superior mínimo ou supremo se ningún valor menor é maiorante. Do mesmo xeito, dise que un minorante ou límite inferior ou ínfimo, se ningún valor maior é un minorante.

Notas editar

  1. "upper-bound". www.mathsisfun.com. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar