A electroerosión é un proceso de fabricación tamén coñecido como mecanizado por descarga eléctrica ou EDM (polo seu nome en inglés, electrical discharge machining).

1.Fío (condutor) 2.Arco eléctrico (erosión por descarga eléctrica) 3.Potencial eléctrico 4.Peza traballada.

O proceso de electroerosión consiste na xeración dun arco eléctrico entre unha peza e un eléctrodo nun medio dieléctrico para arrincar partículas da peza até conseguir reproducir nela as formas do eléctrodo. Ambos, peza e eléctrodo, deben ser condutores, para que poida estabelecerse o arco eléctrico que provoque o arranque de material.

Basicamente ten dúas variantes:

  • O proceso que utiliza o eléctrodo de forma, coñecido como ram EDM, onde o termo ram quere dicir en inglés «ariete» e é ilustrativo do «choque» do eléctrodo contra a peza ou viceversa (peza contra o eléctrodo).
  • A que utiliza o eléctrodo de fío metálico ou arame fino, WEDM (onde as siglas describen en inglés wire electrical discharge machining)

O proceso de erosión térmica no cal se extrae metal mediante unha serie de descargas eléctricas recorrentes entre unha ferramenta de corte que actúa como eléctrodo e unha peza condutora, en presenza dun fluído dieléctrico. Esta descarga prodúcese nun oco (“gap”) de voltaxe entre o eléctrodo e a peza. A calor da descarga vaporiza partículas diminutas do material da peza e do eléctrodo, que seguidamente se eliminan do oco polo dieléctrico que flúe continuamente. A expansión do mecanizado por electroerosión nos últimos 45 anos deu orixe ós tres tipos principais que se enumeran a continuación, aínda que os máis utilizados son os dous primeiros.

  • Electroerosión por penetración
  • Electroerosión por fío
  • Electroerosión por perforación (ou rectificado por electroerosión)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar