Electra (Sófocles)

traxedia de Sófocles

Electra é unha traxedia grega de Sófocles, de data incerta pero moi probablemente representada entre o 418 e o 410 a.C.. Discútese se seguía ou precedía á Electra de Eurípides, de se cadra o 417.

Clásicos en Galego 22:
Áiax e Electra.

Personaxes editar

Trama editar

Orestes chega a Micenas, acompañado por Pílades e un ancián, servente de Orestes na súa nenez (paidagogos), para vingarse do asasino do seu pai Agamenón, obedecendo o oráculo délfico. Envían ao ancián a contar á nai de Orestes, Clitemestra, que Orestes morreu nunha carreira de carros, e eles prepáranse para continuar o engano, levando supostamente unha urna que leva as súas cinzas. Entre tanto, Clitemestra, que tivo un soño de mal agoiro, envía á súa filla Crisótemis a verter libacións sobre a tumba de Agamenón, o esposo que ela asasinara. Aparece Clitemestra e insulta a Electra, que lle contesta secamente, pero vense interrompidas pola chegada do ancián, que relata, con alegría apenas disimulada, a forma da morte de Orestes. Electra cae en profundo abatemento. O anuncio de Crisótemis de que atopou na tumba de Agamenón un mechón de pelo que é claramente de Orestes parécelle só un xeito de burlarse da súa pena. Decide, agora que a esperada axuda de Orestes está definitivamente descartada, matar a Clitemestra e a Existo ela mesma. Crisótemis, máis prudente, rexeita participar no asasinato. Orestes e Pílades achéganse. Orestes insinúa a Electra quen é. El e Pílades entran no palacio, e óese o choro de Clitemestra cando a matan. Existo achégase. A punta de espada obrígano a ir á habitación onde Agamenón foi asasinado e alí danlle morte.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar