Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016

elección presidencial nos Estados Unidos de América

As eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016 foron as 58ª eleccións presidencias dos Estados Unidos de América, celebradas o martes 8 de novembro de 2016. Os votantes elixen ós compromisarios que á súa vez deberán escoller ó novo presidente e vicepresidente a través do Colexio Electoral. O límite estabelecido pola Vixésimo segunda Emenda constitucional impediu ó presidente en exercicio, Barack Obama, ser reelixido para un terceiro período de goberno.

Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016
 ← 2012 (pt) Traducir Editar o valor em WikidataEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata 2020 Editar o valor em Wikidata  → 
Data8 de novembro de 2016 Editar o valor em Wikidata
Tipoeleccións presidenciais dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Parte deeleccións dos Estados Unidos de 2016 Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidoPresidente dos Estados Unidos de América. Duración do mandato: 4
Vicepresidente dos Estados Unidos. Duración do mandato: 4 Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado231.556.622 Editar o valor em Wikidata
137.053.916
   59.19٪
Ponto percentual (pt) 5.42
Número de votos válidos136.700.000    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos  ? 
Resultado da votación Editar o valor em Wikidata
Donald Trump  — Partido RepublicanoElixido/a
Candidato á vicepresidenciaMike Pence
62.979.879   46.07٪
Voto electoral 304
Hillary Clinton  — Partido Demócrata
Candidato á vicepresidenciaTim Kaine
65.844.954   48.17٪
Voto electoral 227

Editar o valor em Wikidata
Causa inmediata de
20 de xaneiro de 2017: investidura de Donald Trump Editar o valor em Wikidata

As eleccións primarias que determinan os candidatos dos partidos políticos á presidencia tiveron lugar entre o 1 de febreiro e xuño de 2016, estendéndose entre os 50 estados, o Distrito de Columbia e o resto dos territorios baixo soberanía estadounidense. Este proceso electoral é tamén unha elección indirecta, onde os votantes emiten os seus votos por unha lista de delegados para unha convención de nomeamento dun partido político, quen despois elixen ó nomeado presidencial do seu partido. Ademais, elixíronse 34 senadores e a totalidade da Cámara de Representantes.

Ás 2:40 a.m. (hora do leste) do 9 de novembro, as canles de novas anunciaron que Pensilvania e Wisconsin (estados nos cales Hillary Clinton lideraba as enquisas) daban os últimos 30 electores para definir como gañador a Donald Trump, quen se converteu en cuadraxésimo quinto presidente dos Estados Unidos de América. Clinton aceptou a derrota perante Trump, quen gañou as eleccións presidenciais de 2016 con 304 votos electorais contra 227 de Clinton.[1] Os estados que lle deron (en contra da maioría dos prognósticos) a vitoria a Trump foron, principalmente, os estados industriais da rexión dos grandes lagos: Míchigan, Pensilvania e Wisconsin. Ademais destes, o candidato republicano tamén logrou impoñerse nos dous grandes estados en disputa, ou "swing states", das últimas décadas: Ohio e Florida, e noutros estados "swing" menores como Arizona, Xeorixia, Iowa e Carolina do Norte. Clinton, pola súa parte, fíxose con estados disputados como Colorado, Nevada, Virxinia e Nova Hampshire.

Polo tanto, o candidato republicano Trump gañou as eleccións, malia ter obtido o apoio de 2,8 millóns de votantes menos que o seu rival demócrata. Como sinala o científico de datos Azhar Hamdan, ó final as eleccións de 2016 non as decidiu esa vantaxe de case tres millóns de votos de Hillary Clinton, senón a moito máis estreita vantaxe de só 78.000 votos que Trump logrou en tres condados de Míchigan, Wisconsin e Pensilvania.

As eleccións salientaron por un clima de tensión política, a máis baixa aceptación popular cara ós candidatos en toda a historia dos Estados Unidos e por unha vitoria impredecible onde Trump gañou a elección malia que Clinton liderara os termómetros electorais a maior parte do tempo que durou a campaña.[2]

Notas editar