Eleanor F. Helin

astrónoma estadounidense

Eleanor Key Francis "Glo" Helin, nada o 9 de novembro de 1932 e finada o 25 de xaneiro de 2009, foi unha astrónoma norteamericana. Foi investigadora do programa  Near-Earth Asteroid Tracking (NEAT) do Laboratorio de Propulsión a Chorro.[1][2][3] da NASA ata a súa xubilación en 2002.

Infotaula de personaEleanor F. Helin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Eleanor Key Francis Editar o valor em Wikidata
19 de novembro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Pasadena, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xaneiro de 2009 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónOccidental College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónoma , discoverer of minor planets (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorLaboratorio de Propulsión a Chorro
Observatorio Palomar Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRonald Helin
Premios

Traxectoria editar

Helin traballou en ciencia planetaria e astronomía no Instituto Tecnolóxico de California e o Laboratorio de Propulsión a Chorro durante tres décadas. A principiar a década de 1970 iniciou o Palomar Planet-Crossing Asteroid Survey (PCAS, programa responsable do descubrimento de milleiros de asteroides de todos os tipos, incluíndo máis de 200 en órbitas de inclinación altas, e en órbitas raras e tipos únicos de órbitas, así como 20 cometas e aproximadamente o 30 por cento dos asteroides próximos á Terra descubertos en todo o mundo.

Helin organizou e coordinou o  International Near-Earth Asteroid Survey (INAS) durante a década de 1980, animando e estimulando o interese internacional polos asteroides.

Tras dirixir o programa de busca fotográfica do PCAS durante case vinte e cinco anos, Helin concentrouse no programa de busca Near Earth Asteroid Tracking (NEAT) usando sensores electrónicos nun telescopio de grande apertura, que logrou detectar máis de 26000 obxectos.

Helin pesoalmente descubriu ou codescubriu  872 asteroides, entre eles os primeiros dous Atón: 2062 Atón e 2100 Ra-Shalom; os asteroides apolo 4660 Nereus, 4769 Castalia e outros; varios Asteroides Amor; tres asteroides troianos incluíndo o 3240 Laocoon; e 9969 Braille. Tamén descubriu varios cometas, como os cometas periódicos 111P/Helin–Roman–Crockett, 117P/Helin–Roman–Alu e 132P/Helin–Roman–Alu.

Na súa honra bautizouse o asteroide 3267 Glo.

Notas editar

  1. "Eleanor Francis Helin". WITI Hall of Fame. Women in Technology International. Consultado o 23 July 2014. 
  2. Malerbo, Dan (4 March 2010). "Let's Learn About: Dr. Eleanor F. Helin". Pittsburgh Post-Gazette. Consultado o 23 July 2014. 
  3. "The Helin Commemorative Exhibit: Searching the Sky for Dangerous Neighbors". Palomar Observatory. California Institute of Technology. Consultado o 23 July 2014.