Eldridge Cleaver
Elridge Cleaver, nado en Wabbaseka (Arcansas) o 31 de agosto de 1935 e finado en Pomona (California) o 1 de maio de 1998, foi un defensor dos dereitos civís estadounidense, foi un dos membros máis importantes e influentes do partido Panteras Negras, e autor dunha das obras máis importantes do movemento: Soul of Ice.
Eldridge Cleaver | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1935 |
Lugar de nacemento | Wabbaseka |
Falecemento | 1 de maio de 1998 |
Lugar de falecemento | Pomona |
Causa | cancro de próstata |
Soterrado | Mountain View Cemetery and Mausoleum |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Afroamericano |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Abraham Lincoln High School |
Ocupación | escritor, político, activista polos dereitos civís e violador |
Cónxuxe | Kathleen Neal Cleaver |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
A súa familia trasládase primeiro a Phoenix (Arizona) e despois aos Ánxeles (California). É detido por delitos menores durante a súa adolescencia e en 1957 condenado por asalto e intento de asasinato. Tamén recoñeceu moito despois as súas actividades como violador de mulleres na súa mocidade, feitos que tentou desvincular do seu pensamento político. En 1966 sae da prisión e ese mesmo ano ingresa na sección de Oakland dos Panteras Negras.
En 1968 preséntase como candidato á Presidencia polo Partido Paz e Liberdade. Ese mesmo ano é ferido durante un enfrontamento dos Panteras Negras coa policía no que morre o militante Bobby Hutton. Acusado de intento de asasinato abandona o país e refuxiase en Alxeria, onde segundo as súas memorias, recibiría cartos da república de Vietnam do Norte, en guerra cos Estados Unidos. No país africano terá problemas coas autoridades que o fan temer pola súa vida, e refuxiarse brevemente no Estado francés e máis tarde en Cuba.
Elridge Cleaver volverá aos Estados Unidos en 1975 renunciando aos Panteras Negras. Nos anos 80, e a consecuencia das súas experiencias en países socialistas, Elridge Cleaver renuncia á súa ideoloxía e se bautiza na Igrexa dos Santos dos Últimos Días. Tamén se presentará ás eleccións para o Senado polo Partido Republicano, naquela altura baixo o liderado de Ronald Reagan. Nesa época vólvese tamén adicto ao crack, droga que non poderá deixar até o ano 1994.
Morreu de cancro de próstata, e foi soterrado en Pasadena.