Elady

futbolista español

Eladio Zorrilla Jiménez, coñecido como Elady, nado en La Puerta de Segura (Xaén) o 13 de xullo de 1990, é un futbolista español que xoga como extremo esquerdo no Tenerife, da Segunda División.

Elady
Información persoal
Nome Eladio Zorrilla Jiménez
Nacemento 13 de xullo de 1990
Lugar de nacemento La Puerta de Segura
Altura 1,78 m.
Posición Extremo esquerdo
Información de club
Club actual Tenerife
Número 7
Carreira xuvenil
Orcera
2008 La Puerta
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2008 Orcera
2008–2010 La Puerta 60 (14)
2010–2012 Villacarrillo 57 (13)
2012–2013 Jaén 11 (1)
2013–2014 Villacarrillo 31 (18)
2014 La Hoya Lorca 0 (0)
2014 Villacarrillo 3 (0)
2014–2015 Écija 17 (2)
2015 Linares 12 (2)
2015–2017 Mancha Real 55 (31)
2017–2018 Murcia 43 (13)
2018 Cracovia 2 (0)
2018–2021 Cartagena 97 (33)
2021– Tenerife 75 (14)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 18 de decembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol en equipos modestos como o Orcera CF, o La Puerta ou o Villacarrillo, cos que militou durante anos nas categorías rexionais andaluzas. Na tempada 2012/13 xogou co Real Jaén na Segunda División B, logrando o ascenso a Segunda,[1] e nas seguintes campañas militou na Terceira División, vestindo as camisetas do Villacarrillo, o Écija, o Linares e o Atlético Mancha Real, co que conseguiu o ascenso a Segunda B marcando 21 goles.[2][3][4]

A continuación fichou polo Murcia, onde xogou durante unha tempada e media, antes de pasar brevemente polo fútbol polaco, vestindo a camiseta do Cracovia Kraków da Ekstraklasa.[5] En 2018 fichou polo FC Cartagena, onde destacou durante os seguintes tres anos, disputando 106 partidos e marcando 36 goles. Na súa segunda campaña en Cartaxena proclamouse campión do Grupo IV da Segunda B, con Borja Jiménez como adestrador, e conseguiu o seu segundo ascenso á categoría de prata. Así, debutou finamente en Segunda durante a tempada 2020/21, marcando 7 goles en 40 partidos de liga.[6]

En xullo de 2021 fichou polo Tenerife, tamén de Segunda.[7]

Notas editar

  1. "Elady, tercer refuerzo blanco" (en castelán). 10 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2023. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  2. "Elady, tercer refuerzo blanco" (en castelán). 10 de xullo de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  3. "La Hoya Lorca CF da la baja a Elady" (en castelán). 26 de agosto de 2014. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  4. "El Atlético Mancha Real ficha a Elady" (en castelán). 14 de xullo de 2015. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  5. "Oficjalnie: Eladio Zorrilla Jimenez w Cracovii" (en polaco). 17 de xullo de 2018. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  6. "Elady se compromete con el Real Murcia" (en castelán). 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  7. "Elady Zorrilla, nueva incorporación del CD Tenerife para la temporada 2021/22" (en castelán). 14 de xullo de 2021. Consultado o 18 de decembro de 2023.