El regionalismo

obra literaria de Alfredo Brañas

El regionalismo é a obra máis coñecida do xurista Alfredo Brañas. Publicada en 1889, a obra defende a descentralización do estado español e o recoñecemento da categoría nacional para Galiza.

El Regionalismo
Estudio sociológico, histórico y literario
Capa orixinal de El Regionalismo
Autor/aAlfredo Brañas
LinguaLingua castelá
Xénero(s)ensaio
Data de pub.1889
ISBNISBN
editar datos en Wikidata ]

Publicación e éxito literario editar

El regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario foi publicada en Barcelona en 1889, na imprenta de Jaime Molinas. A obra tivo un enorme impacto entre a intelectualidade galega de finais de século e fixo que Alfredo Brañas se colocase á altura de Manuel Murguía, quen era entón o principal representante do rexionalismo galego[1]. Así mesmo, a obra contribuíu a situar o rexionalismo galego en posicións semellantes ás que viñan sostendo, dentro do estado español, os nacionalistas vascos e cataláns.

Así e todo, a crecente deriva do autor cara a posicións máis tradicionalistas, próximas ao carlismo, e a súa morte en 1900 fixeron que a obra tivese menor impacto na seguinte xeración de galeguistas. A partir da creación das Irmandades da Fala, os galeguistas comezan a orientarse cara a posicións próximas ao republicanismo de esquerdas e o nacionalismo, afastándose así das teses de Brañas.

Edicións modernas editar

El regionalismo conta con dúas edicións modernas. La Voz de Galicia publicou en 1981 unha edición facsímile da orixinal. Esta edición engadía ao prólogo orixinal outro de Ramón Piñeiro[2]. En 1991 a Xunta de Galicia e El Correo Gallego publicaron unha edición en tapa branda[3].

Notas editar

  1. Beramendi González, Justo (2007). De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Xerais. ISBN 9788497826402. 
  2. Brañas, Alfredo (1981). El regionalismo. La Voz de Galicia. ISBN 8460026027. 
  3. "Casa del libro". Arquivado dende o orixinal o 28/05/2020. Consultado o 1/04/2020.