El Radical (1931)

El Radical foi un periódico editado en Ourense en 1931.

El Radical
LocalidadeOurense
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Órgano oficial del Partido Republicano Radical, apareceu o 5 de outubro de 1931. Era o voceiro do Partido Republicano Radical de Ourense, tiña como director a Antonio Buján, e Pío Príncipe figuraba como administrador. Imprimíase nos talleres de La Zarpa. Hai referencias á súa publicación en decembro de 1931.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar