El Pueblo (Baiona)

El Pueblo foi un periódico agrario editado en Baiona entre 1914 e 1916.

El Pueblo
LocalidadeBaiona
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Periódico agrarista e anticaciquil que apareceu o 3 de marzo de 1914. Estaba dirixido por Xosé María Barreiro. Entre os seus colaboradores figuraron Marcial Miguel de la Iglesia e José Sobreira Fernández. Foi pechado en 1916 e o seu director desterrado.[1][2][3] José María Barreiro dirixiu en 1917 o semanario Tierra Gallega de Montevideo.

Notas editar

  1. Nova Galicia, 6-9-1916, p. 1.
  2. El Progreso, 6-9-1916, p. 1.
  3. Nova Galicia, 12-10-1916, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar