El Porvenir (1875)

periódico de Santiago de Compostela (1875-1882)

El Porvenir foi un periódico galego editado en Santiago de Compostela entre 1875 e 1882.

El Porvenir (1875)

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadeSantiago de Compostela
Na rede
Galiciana: 5167
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado primeiro Diario de Noticias y Anuncios e Periódico Diario, a partir do terceiro ano, apareceu o 2 de xaneiro de 1875. Foi un periódico católico que apareceu para contrarrestar a influencia de El Diario de Santiago e converteuse no órgano do cardeal Payá. Fundado por Antonio Toledo Quintela e Juan Barcia Caballero, o seu primeiro director foi Andrés Rey Varela, a quen substituíu en maio de 1876 Antonio Toledo Quintela, e a partir de 1881 Alfredo Brañas. Foron os seus redactores Juan Barcia Caballero, Santiago López Mosquera e Emilio Villelga Rodríguez. Entre os colaboradores figuraban Antonio López Ferreiro, Alfredo Brañas e Emilia Pardo Bazán.[1] Desapareceu a consecuencia das multas que lle impuxo o alcalde interino José Peón. Foi substituído por El Libredón.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar