El Pensamiento Galaico

El Pensamiento Galaico foi un periódico carlista editado en Santiago de Compostela entre 1888 e 1895.

El Pensamiento Galaico
Lingualingua castelá
LocalidadeSantiago de Compostela
Na rede
Galiciana: 4986
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Diario católico-tradicionalista, apareceu o 3 de abril de 1888. Foi continuación de El Pensamiento Gallego consignando na súa cabeceira Segunda Época e na numeración o número 380.[1] Continuou defendendo a causa carlista. Dirixido por Juan Vázquez de Mella e Constantino Moreira Martínez. A partir de outubro de 1888 a redacción de El Pensamiento Galaico publicou unha revista co título El Pensamiento Gallego[2]. O 11 de outubro de 1889 cederon a propiedade e a dirección a Antonio García Mosquera. Logo da marcha de Vázquez de Mella o director foi Mariano Jamardo, continuando Antonio García Mosquera como administrador. Entre os seus redactores estaban Carlos Adrán Botana e Jesús Fernández Suárez. Publicou artigos de dereito penal, historia ou relixión, ademais de folletíns como as novelas A tecedeira de Bonaval[3] e O castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro. Foi substituída en novembro de 1895 por El Pensamiento Gallego. En 1898 apareceu El Pensamiento de Galicia como continuador dos dous anteriores.

Notas editar

  1. Segundo unha información publicada en Gaceta de Galicia, 4-4-1888, p. 3.
  2. Segundo unha información publicada en Gaceta de Galicia, 26-9-1888, p. 3.
  3. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Galaxia. p. 452. ISBN 84-8288-365-8. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar