El Parc i la Llacuna del Poblenou

El Parc i la Llacuna del Poblenou é un barrio do distrito de Sant Martí da cidade de Barcelona. Desde 2006 está delimitado pola Gran Via de les Corts Catalanes, as rúas da Llacuna, de Pere IV, de Àvila, de Llull, de Wellington, de Pujades, de Roger de Flor, dos Almogàvers e a avenida Meridiana ata a Plaça de les Glòries Catalanes.

Modelo:Xeografía políticaEl Parc i la Llacuna del Poblenou
Imaxe

Localización
Mapa
 41°23′57″N 2°11′27″L / 41.3992, 2.1908Coordenadas: 41°23′57″N 2°11′27″L / 41.3992, 2.1908
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Distritos (pt) TraducirSant Martí Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación15.914 (2021) Editar o valor em Wikidata (14.285,46 hab./km²)
Xeografía
Superficie111,4 ha Editar o valor em Wikidata

Os núcleos orixinais deste barrio establecéronse arredor de varios parques, o da Estació del Nord, o parque da Ciutadella e a vía que unía o núcleo do Poblenou con El Clot, la Llacuna. A parte máis próxima ao parque considérase parte do Fort Pius (algunhas entidades da zona conservan esta referencia), denominación que se estendía tamén por algunhas illas que hoxe corresponden ao barrio de La Vila Olímpica del Poblenou.

O barrio está formado por dúas zonas diferenciadas, a veciñanza do Parque e o contorno da Plaça de les Glòries. O proxecto 22@ e a remodelación xeral do antigo Poblenou introduciron novedades no barrio en calidade arquitectónica, como a incorporación da coñecida Torre Agbar. A remodelación da Plaça de les Glòries ten proxectada a construción dun edificio que albergue o Museo do Deseño.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar