El Masnou
El Masnou é un concello da costa do Maresme, na provincia de Barcelona, Cataluña. Está situado a 17 km ao nordés de Barcelona, entre os termos municipais de Montgat e Premià de Mar. Ten unha poboación de 22.536 habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Maresme | ||||
Capital | El Masnou (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 24.181 (2023) (7.112,06 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3,4 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 27 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08320 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08118 | ||||
Código territorial IDESCAT | 081189 | ||||
Páxina web | elmasnou.cat | ||||
Historia editar
O actual termo municipal do Masnou pertenceu, antigamente, a Sant Fèlix de Alella e a Sant Martí de Teià, pobos lindeiros relativamente afastados do mar para protexerse dos ataques dos piratas. A súa poboación vivía da agricultura e a pesca e, na praia establecéronse as comunidades de pescadores. Tiña estaleiros propios onde se construían grandes veleiros e embarcacións de pesca.
Co paso do tempo foron construíndose masías fortificadas próximas á praia e, a partir de 1812, coa proclamación da Constitución Liberal, a vila puido escoller alcalde. No entanto, a segregación e independencia do Masnou respecto de Teià non se produciu ata 1825. O novo municipio incorporou o barrio de Ocata e, posteriormente, en 1846 o barrio de Alella del Mar, chamado tamén Cases del Mar.
El Masnou conserva ata o día de hoxe os títulos de "Vila Benéfica" concedido en 1902 polo rei Afonso XIII, con motivo da construción dun asilo benéfico (a Casa Benéfica) e o de "Ilustrísima Vila", concedido en 1909, tamén por Afonso XIII, pola construción, sen axuda ningunha, da Escola Nacional (actual escola de Ocata).
El Masnou foi lugar de veraneo para a alta burguesía catalá que deixou o seu sinal nos diversos chalés e "torres" construídos durante os séculos XIX e XX.
Economía editar
Na actualidade, a agricultura desapareceu case por completo. Outrora estaba dedicada ao cultivo de froitas, hortalizas e verduras. Actualmente, o seu principal e case único cultivo é o da flor, especialmente o caravel que se exporta a case toda Europa.
A industria é máis importante. Predomina o sector do téxtil (xéneros de punto), encabezadas pola compañía DOGI. Hai tamén industrias dedicadas á construción, á cerámica, ao vidro (Ramón Clemente) e produtos farmacéuticos (Alcon-Cusí).
Festividades editar
- Sant Pere, o 29 de xuño.
- Ple de riure, en xullo.
Edificios históricos e de interese editar
- Casa de la Vila, de estilo neoclásico do arquitecto Miquel Garriga i Roca.
- Museu Cusí de Farmàcia.
- Casa Benèfica, de estilo modernista.
- Casa del Marquès de Masnou, de estilo neoclásico.
- Casino, edificio modernista con algúns elementos eclécticos.
- Casa de Cultura, tamén de estilo modernista.
- CEIP Ocata, interesante adaptación do estilo modernista a instalacións de uso público.
- Museu Municipal de la Nàutica del Masnou. Está situado no actual Edifici Centre.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Masnou |