El Independiente (1881)

El Independiente foi un periódico editado en Pontevedra entre 1881 e 1882.

El Independiente

Editar o valor em Wikidata
Fundación1881
Lingualingua castelá
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 9073
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Periódico de Pontevedra. Defensor de los intereses de Galicia, apareceu o 7 de abril de 1881. Tiña primeiro unha periodicidade bisemanal (publicábase os xoves e domingos) e a partir do número 56, aparecido o 14 de abril de 1882, pasou a diario e cambiou o seu subtítulo por Diario de Pontevedra. Estaba dirixido por Andrés Muruais e contaba coa colaboración do seu irmán Jesús. Era unha edición local de El Popular de Madrid, que enviaba os exemplares a Pontevedra coa primeira páxina en branco para imprimir alí. Publicouse nunha das planas de El Voto Popular. Cesou a súa edición o 5 de setembro de 1882.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar