El Faro Marítimo

periódico de Ferrol (1851)

El Faro Marítimo foi un periódico que se editou en Ferrol en 1851.

El Faro Marítimo
Lingualingua castelá
LocalidadeFerrol
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Periódico Semanal de Marina, Comercio, Artes y Literatura, apareceu o 6 de setembro de 1851. Periódico semanal, aparecía os sábados.[1] Prestaba atención ás viaxes e descubrimentos realizados pola Armada española. Entre os seus colaboradores figuraron Alberto Camino Sigüert e Justo Gayoso López, que asinaba co pseudónimo Sisto Ojugao.[2]

Notas editar

  1. El Eco de Galicia, 6-9-1851, p. 4.
  2. Justo Gayoso López

Véxase tamén editar

Bibliografía editar