El Eco de Villalba

El Eco de Villalba foi un periódico editado en Vilalba entre 1908 e 1915.

El Eco de Villalba
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Revista quincenal consagrada a la defensa de los intereses de Villalba y su comarca, apareceu o 1 de xaneiro de 1908. Foi fundado e dirixido por Manuel Mato Vizoso, con José Novo Pardo como administrador. O seu ideario era conservador católico. Na súa declaración de principios aparecida no número 1 aformaba: "nada, ni pensamiento siquiera tendremos para la política; todo hasta el último aliento para la religión, para la patria y para este pedazo de tierra que nos vio nacer". Inicialmente tivo unha periodicidade mensual, despois foi quincenal e dende 1912 editouse tres veces ao mes. Como colaboradores figuraron Antonio García Hermida, Antonio Noriega Varela, Antonio Nieto Oliva, Xosé María Chao Ledo e Segundo López Carpintero. Logo da morte do seu fundador en febreiro de 1909, tivo como directores a José Novo Pardo e Manuel Bermúdez e pasou a defender o caciquismo local. Cesou a súa edición en 1915.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar