El Eco de Galicia (A Habana)

El Eco de Galicia (Revista semanal de ciencias, arte y literatura) foi un xornal galego editado na Habana desde 1878 ata 1902.

El Eco de Galicia (A Habana)

Número 195, 21 de marzo de 1886
Lingualingua castelá
LocalidadeA Habana
Na rede
Galiciana: 3866
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

 
Carta de 1884 de Rosalía Castro a Waldo A. Insúa, publicada o 28/2/1886.

Foi o primeiro gran xornal galego na emigración. O primeiro número saíu o 8 de marzo de 1878. O seu nacemento e evolución están vencellados ao seu director, Waldo A. Insúa, que foi o iniciador do Centro Gallego de La Habana desde as páxinas do xornal. Entre xullo e outubro de 1901 estivo dirixido por Eduardo Núñez Sarmiento.

El Eco de Galicia era un xornal escrito en castelán, con colaboracións literarias en galego. Tiña información sobre a vida societaria galega en Cuba (Centro Gallego e Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia), noticias locais de Galicia e publicidade dos principais negocios galegos da Habana.

Os seus derradeiros números editáronse en 1902. Foi substituído por Galicia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar