El Eco Antelano foi un periódico editado en Xinzo de Limia entre 1911 e 1912.

El Eco Antelano

Editar o valor em Wikidata
Fundación1911
Lingualingua castelá
LocalidadeXinzo de Limia
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Semanario Independiente, apareceu o 24 de decembro de 1911. Dirixido por José Santiago Taboada, o xefe de redacción era Ramón Villarino de Sáa e o administrador Modesto Álvarez Elices.[1] Aparecía os domingos. Era un xornal conservador e clerical que contiña información xeral, cultural, relixiosa e textos literarios e poemas. Entre os seus colaboradores figuraron César Tejada, Luis Otero Pérez, Luciano Bello, Francisco Seijo, Modesto Álvarez Elices, Luis Sánchez, Arturo Salgado Biempica e Xavier Bóveda. Cesou a súa publicación en abril de 1912.

Notas editar

  1. La Región, 27-12-1901, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar