El Combate (Monforte de Lemos)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Combate.
El Combate foi un semanario que se publicou en Monforte de Lemos en 1934.
El Combate | |
---|---|
Localidade | Monforte de Lemos |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características editar
Subtitulado Semanario defensor de los intereses locales, apareceu o 23 de setembro de 1934. Fundado e dirixido por Jesús Ramos Rodríguez. Publicación conservadora e católica, órgano de expresión da Federación de Sindicatos Agrarios, controlada por Antonio Maseda Bourio. Entre os seus colaboradores figuraron Leandro Carré Alvarellos e Rosendo Vila Fernández. Publicou un poema de Germán Vázquez dedicado a Castelao e Bóveda, e outro de Anuncia Lorenzo Abella. Deixou de publicarse o 9 de decembro de 1934 co número 14.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Baamonde, Miguel Ángel (1994). Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo: Deputación Provincial. ISBN 84-8192-024-X.
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. ISBN 84-8192-110-6.
- "Combate, El" (p. 116) en: Vilavedra, Dolores (coord.): Diccionario da literatura galega II (Publicacións periódicas), Galaxia, Vigo, 1997, ISBN 84-8288-137-X.