El Cabe foi un semanario editado en Monforte de Lemos entre 1883 e 1885.

El Cabe
LocalidadeMonforte de Lemos
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Semanario de intereses generales y noticias, apareceu o 17 de febreiro de 1883. Saía á rúa normalmente os días 1, 9, 17 e 25 de cada mes. O fundador e propietario era Víctor García de Casares, que tamén era o director. Contaba coas seccións Crónica Local, Sección de Noticias, Sección de Variedades, Cosas que pasan, Correspondencia e Charadas. Cesou a súa publicación a finais de 1885 e pasou a denominarse El Valle de Lemos ao comezo de 1886.[1]

Notas editar

  1. El Lucense, 2-1-1886, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Baamonde, Miguel Ángel (1994). Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo: Deputación Provincial. p. 93. ISBN 84-8192-024-X. 
  • Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 203–205. ISBN 84-8192-110-6.