El Besòs i el Maresme

El Besòs i el Maresme é un barrio do distrito de Sant Martí da cidade de Barcelona. Atópase na zona nordés, no límite co municipio de Sant Adrià de Besòs. O barrio creceu pola construción de vivendas durante as décadas de 1950 e 1960 para reducir o déficit destes que había na cidade.

Modelo:Xeografía políticaEl Besòs i el Maresme
Imaxe

Nomeado en referencia aRío Besòs e Marisma Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 41°25′02″N 2°12′49″L / 41.417178, 2.213572Coordenadas: 41°25′02″N 2°12′49″L / 41.417178, 2.213572
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Distritos (pt) TraducirSant Martí Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación26.116 (2021) Editar o valor em Wikidata (20.499,22 hab./km²)
Xeografía
Superficie127,4 ha Editar o valor em Wikidata

Antigamente os terreos eran regados por canais como o da Madriguera e o da Verneda, restos dun antigo brazo do río Besòs que desembocaba no Campo da Bota. O barrio esténdese polo tramo sur da Rambla de Prim.

No barrio hai parte das instalacións do parque do Fòrum, construídas para o Fórum Universal das Culturas 2004 e está en construción o Campus Diagonal-Besòs. Estaba tamén prevista a construción dun Zoo Mariño pero o proxecto parouse en 2011.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar