El Baluarte de Galicia

El Baluarte de Galicia foi un periódico editado en Mondoñedo en 1893.

El Baluarte de Galicia
LocalidadeMondoñedo
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Apareceu o 27 de febreiro de 1893. Saía á rúa bisemanalmente, os luns e os xoves nun principio,[1] e despois os mércores e sábados. Periódico político de Viveiro e Mondoñedo ao servizo do deputado liberal Servando Fernández Victorio. Estaba dirixido por Alfredo García Dóriga e entre os seus colaboradores figuraban Antonio Noriega Varela e José María Riguera Montero. Mantivo polémicas con El Diario de Mondoñedo.

Notas editar

  1. El Lucense, 2-3-1893, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar