El Adalid
El Adalid foi un periódico editado na Coruña en 1873.
El Adalid | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características editar
Apareceu a principios de 1873 como voceiro do republicanismo federal da Coruña. Estaba dirixido por Joaquín Castro Arias, que cesou aos poucos meses. Entre os seus colaboradores figurou Romualdo Real Vázquez. Creouse co obxectivo de contrarrestar a influencia da AIT entre as clases populares galegas, tradicionalmente orientadas ao republicanismo federal. Subtitulouse Órgano del Cantón galaico e promoveu a insurrección popular para alcanzar a independencia do cantón galaico, secundando o movemento cantonalista. O 14 de outubro cambiou o seu subtítulo por Diario republicano democrático federal e volveu facerse cargo da dirección Joaquín Castro Arias.[1] Cesou en novembro e foi substituído por El Siglo.[2]
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.