Efrén o Sirio nado no 306 en Nisibis (actual Turquía) e finado o 9 de xuño do 373 en Edesa, foi un poeta relixioso en idioma siríaco. É venerado polas diferentes Igrexas cristiáns de tradición apostólica.

Infotaula de personaDoutor da Igrexa Editar o valor em Wikidata
Efrén o Sirio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 306 Editar o valor em Wikidata
Nusaybin (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xuño de 373 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Edesa (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePeste Editar o valor em Wikidata
Diácono
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaŞanlıurfa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Cristianismo Sírio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía, liturgical music (en) Traducir e administration and management of the church (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónteólogo , escritor , poeta , Diácono , sacerdote Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEscola de Nisibis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJacó de Nisibis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua siríaca, lingua latina e lingua irlandesa Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa9 de xuño
28 de xaneiro
9 de xuño
18 de xuño
22 de xullo Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: c19db5bd-047d-4c65-8e43-b15d41a1fdd9 Discogs: 4270887 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Bautizado aos dezaoito anos, comezou sendo o xefe dunha comunidade cristiá na súa cidade natal, onde foi un conselleiro espiritual moi solicitado. Tras a invasión de Nisibis polos persas, instalouse en Edesa onde tamén foi considerado un mestre. Emprendeu unha viaxe para coñecer a Basilio o Grande.

Realizou moitos comentarios á Biblia e compuxo gran cantidade de himnos aínda vivos na liturxia da Igrexa Siríaca.

Durante a fame do ano 370, Efrén emprendeu accións de axuda aos esfameados e de atención aos doentes. Exhortou aos patricios a seren solidarios cos plebeos. Viviu coma un asceta nunha cova con dieta vexetariana e esfarrapado.

Significación editar

É unha das referencias doutrinais e místicas das Igrexas cristiáns orientais, especialmente as que conservan a liturxia en arameo ou siríaco. Foi coñecido como Arpa do Espírito Santo. En Occidente, a Igrexa Católica tamén o venera como santo. En 1920, Bieito XV proclamouno doutor da Igrexa.