Eesti Televisioon

Eesti Televisioon (en galego: «Televisión estoniana»), máis coñecido polas súas siglas ETV, é a primeira cadea de televisión pública de Estonia, controlada pola organización estatal Eesti Rahvusringhääling.

Eesti Televisioon
Inicio das emisións 19 de xullo de 1955
Propiedade de Eesti Rahvusringhääling
Datos de audiencia 14.3% (xaneiro 2014, TNS Emor)
País Estonia Estonia
Lingua estoniano
Área de emisión Estonia Estonia
Sede central Tallin
Canle/s irmá(s) ETV2

Na rede
http://www.etv.ee

As súas emisións regulares comezaron o 19 de xullo de 1955 como Tallinna Televisioonistuudio (Estudo de Tallin),[1] e durante máis de 35 anos foi a única canle de televisión dispoñible en Estoniana. ETV cumpre funcións de servizo público, e está obrigada a difundir e promover a cultura nacional do país, así como dar cobertura ás comunidades minoritarias. O seu programación é xeral, e está composta por formatos informativos, entretemento, ficción e series documentais. É membro da Unión Europea de Radiodifusión desde 1993.

No ano 2002 foi a cadea encargada de organizar o Festival de Eurovisión, trala vitoria do país no concurso.

O grupo funcionou por separado do servizo de radio ata o 1 de xaneiro de 2007, cando o Goberno estoniano integrou todas as empresas de radiodifusión pública no ente ERR. Nos últimos anos, Eesti Televisioon desenvolveu canles temáticos para a Televisión Dixital Terrestre como ETV24, de información continua, e ETV2, de carácter cultural e creado en 2008.

Financiamento editar

Eesti Televisioon finánciase a través de impostos directos. A maior parte do orzamento provén de subvencións da administración pública estona. Un 15% do mesmo está sufragado polas televisións comerciais do país, que pagan a cota a cambio do seu dereito exclusivo para emitir publicidade.[2] Desde 2002, ETV ten prohibida a emisión de publicidade en todas as súas canles. Isto impide tanto anuncios como calquera outra modalidade, como teletenda ou patrocinios.[2]

Notas editar

  1. Eesti Televisioon (ed.). "Historia da televisión estoniana" (en estoniano). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2011. Consultado o 14 de marzo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 Parlamento de Estonia (ed.). "Broadcasting Act" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de decembro de 2011. Consultado o 14 de marzo de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar