Eduardo Souto de Moura

arquitecto portugués

Eduardo Souto de Moura (nado no Porto, 25 de xullo de 1952) é un arquitecto portugués cuxo traballo está estreitamente vencellado ao dos tamén portugueses Álvaro Siza e Fernando Távora, quen son os seus mentores.

Infotaula de personaEduardo Souto de Moura

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Eduardo Elísio Machado Souto de Moura Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Porto, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Porto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de París
Escola Politécnica Federal de Lausana Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Souto de Moura licenciouse en arquitectura na Escola Superior de Belas Artes do Porto en 1980, onde foi profesor de 1981 a 1991. Foi profesor convidado nas universidades de París-Belville, Harvard, Dublín, Navarra, Zúric e Lausana. Trala colaboración no estudio de Álvaro Siza entre 1974 e 1979, estableceu un despacho profesional de seu no Porto en 1980.

Referencias arquitectónicas editar

Como principais trazos da súa arquitectura destacan o rigor e a precisión nas formas, así como unha profunda sensibilidade cara ao contexto. Do mesmo xeito que outros arquitectos portugueses, como Álvaro Siza, Souto de Moura preocúpase moito pola contorna física que cingue as súas obras. Así mesmo, coida os detalles e a selección dos materiais, conxugando moi ben formigón, pedra, madeira e aluminio. Adóitase consideralo como un representante da arquitectura orgánica.

Obras editar

  • Mercado municipal de Braga (1980), un organismo lineal apoiado en rotundos muros cun espazo cuberto por unha gran laxa soportada por alicerces de formigón.
  • As casas en Nevogilde (1982 - 1983), no Porto, caracterizadas polo manexo de impoñentes muros.
  • A vivenda para a Quinta do Lago (1984), Algarve, na que retoma elementos da arquitectura vernacular do sur de Portugal.
  • Rehabilitación para pousada do Mosteiro de Santa María do Bouro, Braga (1989 - 1997).
  • A casa en Alcanena (1992), en Torres Novas, unha vila construída con muros entre viñedos.
  • Metro do Porto (Estación de Casa da Música), O Porto, (1997 - 2004).
  • Estadio Municipal de Braga (2000 - 2003).

Modelo:PremiosPritzker