Eduard Džabeièvitx Kokoiti (en oseto: Кокойты Джабейы фырт Эдуард, en ruso: Эдуард Джабеевич Кокойты), nado en Tskhinvali o 31 de outubro de 1964, é un político oseto, máximo dirixente de Osetia do Sur.

Infotaula de personaКокойты Джабейы фырт Эдуард
Eduard Džabeièvitx Kokoiti
Nome orixinal(os) Кокойты Джабейы фырт Эдуард Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Tskhinvali
Cargos
Presidente de Osetia do Sur (dende 2001)
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Osetia do Sur Editar o valor em Wikidata
EducaciónSouth Ossetian State University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónDeportista, empresario e político
Partido políticoNingún
Deporteluta amadora (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: presidentrso Twitter: ekokoyty Instagram: eduard.kokoity Telegram: eduardkokoity VK: eduardkokoity Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 2001 foi elixido Presidente de Osetia del Sur, un estado independente de facto, non recoñecido internacionalmente, que se atopa dentro da República de Xeorxia. Kokoiti é ex-membro da selección rusa de loita libre, coa cal ten chegado a ser campión. Antes de 1989, era o Primeiro Secretario en Tsjinvali da Liga dos Xoves Comunistas, póla do Komsomol. En 1992 foi a Moscova e converteuse en empresario, volvendo en 2001 a Osetia do Sur.

Aos 38 anos de idade foi escollido por unha ampla maioría nas eleccións presidenciais de novembro-decembro de 2001. Na primeira volta das eleccións (18 de novembro) conseguiu un 45% dos votos, Stanislav Kochiev o 24%, e Ludwig Chibirov o 21%. Na segunda volta (6 de decembro) gañou co 53% dos votos, contra o 40% de Stanislav Kochiev. Tomou posesión do cargo o 18 de decembro.

A vitoria de Kokoiti foi inesperada, pero esta levouse a cabo co apoio do clan Tedeiev, unha das familias máis poderosas de Osetia do Sur. Gañara o apoio clave grazas a Albert "Dik" Tedeiev e ao seu irmao Jambulat, un campión de loita, que organizaban e financiaban a campaña de Kokoiti.

O clan dera previamente apoio a Ludwig Chibirov, pero deixaron de facelo tras discrepancias co mesmo. Unha vez que Kokoiti fose elixido presidente, os membros do clan Tedeiev se fixeron cargo do servizo de alfándegas da república e do transporte de mercancías ao longo da autoestrada transcaucásica. Ademais de seren a principal ruta económica entre Rusia e Osetia do Sur, a autoestrada é unha vía esencial para o contrabando e o tráfico de droga e armas. Os ingresos da autoestrada proporcionan gran parte dos ingresos orzamentarios do goberno de Osetia do Sur.

En xullo de 2003, Kokoiti enfrontouse cos Tedeiev, expulsando a Albert Tedeiev da súa posición como secretario do consello de seguridade, e ordenou ás súas milicias privadas que se desarmasen. Segundo Kokoiti, o secretario do consello de seguridade, así como o de defensa e os xefes de seguridade, tiñan lazos con criminais. O asunto facía prever un gromo de violencia en Tsjinvali, pero non se produciron vítimas.

Kokoiti ven mantendo unha posición dura en contra da reunificación con Xeorxia, aínda que ten expresado a súa disposición a negociar un acordo de paz sobre a base dunha Osetia do Sur tratada como estado independente (unha condición previa rexeitada polo goberno xeorxián). Logo dun tempo de tregua coas autoridades de Xeorxia, en xullo de 2004, afirmou: "Se Xeorxia quere guerra, estamos preparados para a autodefensa".


Predecesor:
Ludwig Chibirov
  
Presidente de Osetia do Sur
 
2001 - Actualidade
Sucesor:
No cargo