Édouard Daladier

político francés
(Redirección desde «Edouard Daladier»)

Édouard Daladier, nado en Carpentras o 18 de xuño de 1884 e finado en París o 10 de outubro de 1970, foi un político francés, deputado polo Partido radical socialista de Vaucluse, ministro e xefe do goberno francés.

Édouard Daladier
Nacemento18 de xuño de 1884
Lugar de nacementoCarpentras
Falecemento10 de outubro de 1970
Lugar de falecementoParís
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise e Grave of Édouard Daladier
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpolítico
CónxuxeMadeleine Laffont
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra e Croix de guerre 1914–1918
Na rede
Discogs: 1150101 Find a Grave: 7872 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Edouard Daladier, no centro da imaxe

Traxectoria editar

Convencido o primeiro ministro inglés Neville Chamberlain, logo das conferencias con Adolf Hitler en Berchtesgaden, en Godesberg e finalmente en Múnic os días 15, 22 e 29 de setembro de 1938, respectivamente, de que só a transferencia dos Sudetes de Checoslovaquia ao Terceiro Reich alemán podía evitar a guerra, aconsella a Daladier, nesa data xefe do goberno francés, que admita a anexión. Pouco despois, os Gobernos británico e francés, á súa vez, premen ao goberno checo para que da súa conformidade ás esixencias de Hitler. Unha vez conseguido polo ditador alemán o que quere e tras o seu compromiso por escrito de respectar a soberanía do resto de Checoslovaquia, Chamberlain e Daladier son recibidos ao seu regreso de Múnic por multitudes delirantes de alegría que cren que salvaron a paz mundial. Con todo, os acordos de Múnic serán un fracaso xa que a segunda guerra mundial empezará o 1 de setembro de 1939 coa invasión alemá de Polonia e entrando Francia, nela, dous días despois.

En marzo de 1940 foi substituído por Paul Reynaud á fronte do goberno francés nun intento de dar maior firmeza á dirección da guerra francesa. Cando finalizou a segunda guerra mundial, Daladier volveu ao Parlamento a liderar o Partido Radical Socialista. En 1958 retirouse cando se opuxo á Constitución dese ano.